Foedus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 1241317 de 91.117.76.70 (conversa), o correcto é conveniente, do latín conveniente do verbo convenire
Liña 3: Liña 3:
No caso concreto dos [[vándalo]]s, [[alano]]s e [[suevo]]s, que cruzaran os pasos pireinaicos no outono do 409 e se dedicaran á depredación sistemática dos territorios, observándose o debilitamento do Imperio tan profundo que deixaba campo aberto á libre actuación dos pobos xérmanicos. Progresaba así o proceso que os convertería na forza de ''facto'' no marco dos territorios que ocupaban.
No caso concreto dos [[vándalo]]s, [[alano]]s e [[suevo]]s, que cruzaran os pasos pireinaicos no outono do 409 e se dedicaran á depredación sistemática dos territorios, observándose o debilitamento do Imperio tan profundo que deixaba campo aberto á libre actuación dos pobos xérmanicos. Progresaba así o proceso que os convertería na forza de ''facto'' no marco dos territorios que ocupaban.


Parece bastante seguro que o ''foedus'' se estableceu co momentáneo dominador da situación naquel momento na [[Hispania]], [[Flavio Constancio]] e para ambas as partes o tratado era do mais convinte. Desde o punto de vista xérmanico porque o bandoleirismo non era forma de vida posibel a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma até agora fixeran e continuarian a facer os vandalos. E desde o punto de vista de Flavio Constancio porque garantia a estabilidade, aínda que fora dun xeito provisional, na Hispania e poderia atender os asuntos que reclamaban a sua presenza na [[Italia]] e facer fronte á sublevación da [[Galia]] que estaba o ocorrer naqueles intres.
Parece bastante seguro que o ''foedus'' se estableceu co momentáneo dominador da situación naquel momento na [[Hispania]], [[Flavio Constancio]] e para ambas as partes o tratado era do mais conveniente. Desde o punto de vista xérmanico porque o bandoleirismo non era forma de vida posibel a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma até agora fixeran e continuarian a facer os vandalos. E desde o punto de vista de Flavio Constancio porque garantia a estabilidade, aínda que fora dun xeito provisional, na Hispania e poderia atender os asuntos que reclamaban a sua presenza na [[Italia]] e facer fronte á sublevación da [[Galia]] que estaba o ocorrer naqueles intres.


Estas circunstancias explican o porque o representante romano non se amosase excesivamente esixente á hora de repartir as terras dos seus asentamentos e non obrigandoos á contrapartida habitual nos ''foedus'', que era a axuda militar ao Imperio en caso de guerra. A única esixencia foi que deixasen libre a provincia [[Tarraconense]], que se debe entender como un intento de afastar os xérmanicos do [[Mediterráneo]], derradeiro reduto a unidade romana. A cambio disto e, como base do seu asentamento, concedíaselle aos bárbaros o territorio das restante provincias da [[Hispania]].
Estas circunstancias explican o porque o representante romano non se amosase excesivamente esixente á hora de repartir as terras dos seus asentamentos e non obrigandoos á contrapartida habitual nos ''foedus'', que era a axuda militar ao Imperio en caso de guerra. A única esixencia foi que deixasen libre a provincia [[Tarraconense]], que se debe entender como un intento de afastar os xérmanicos do [[Mediterráneo]], derradeiro reduto a unidade romana. A cambio disto e, como base do seu asentamento, concedíaselle aos bárbaros o territorio das restante provincias da [[Hispania]].

Revisión como estaba o 22 de xullo de 2009 ás 18:43

Foedus é o nome que recibe o pacto que estabelecía o Imperio Romano con diversos pobos e con diferentes fins. Normalmente eran de tipo político e militar dandose axuda mutua a cambio de algunha garantía.

No caso concreto dos vándalos, alanos e suevos, que cruzaran os pasos pireinaicos no outono do 409 e se dedicaran á depredación sistemática dos territorios, observándose o debilitamento do Imperio tan profundo que deixaba campo aberto á libre actuación dos pobos xérmanicos. Progresaba así o proceso que os convertería na forza de facto no marco dos territorios que ocupaban.

Parece bastante seguro que o foedus se estableceu co momentáneo dominador da situación naquel momento na Hispania, Flavio Constancio e para ambas as partes o tratado era do mais conveniente. Desde o punto de vista xérmanico porque o bandoleirismo non era forma de vida posibel a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma até agora fixeran e continuarian a facer os vandalos. E desde o punto de vista de Flavio Constancio porque garantia a estabilidade, aínda que fora dun xeito provisional, na Hispania e poderia atender os asuntos que reclamaban a sua presenza na Italia e facer fronte á sublevación da Galia que estaba o ocorrer naqueles intres.

Estas circunstancias explican o porque o representante romano non se amosase excesivamente esixente á hora de repartir as terras dos seus asentamentos e non obrigandoos á contrapartida habitual nos foedus, que era a axuda militar ao Imperio en caso de guerra. A única esixencia foi que deixasen libre a provincia Tarraconense, que se debe entender como un intento de afastar os xérmanicos do Mediterráneo, derradeiro reduto a unidade romana. A cambio disto e, como base do seu asentamento, concedíaselle aos bárbaros o territorio das restante provincias da Hispania.

Por mutuo acordo procederon estes ao reparto, mediante sorteo, de tres lotes equivalentes entre tres grupos de poboación numericamente equilibrados. Aos alanos correspondeu a Cartaxinense e a Lusitaniaa, a rexión mais ampla, pero tamén a mais pobre. Os vándalos silingos asentáronse na Bética, territorio mais reducido pero máis rico. Por fin, ao conxunto formado por vandalos asdingos e suevos foilles adxudicada a provincia da Gallaecia.

Suevos e vándalos asdingos repartironse a provincia, que tras a reorganización de Diocleciano, comprendía a actual Galiza até o Douro, e, cara o leste, boa parte da meseta norte. A división faise seguindo os meridianos actuais, correspondendolles aos vándalos a meseta e terras chás, mentres que os suevos ocuparon os límites do Mazizo Galaico até o mar,pero non ocuparon toda a sua extensión, xa que eran un pobo cun número moi limitado de individuos, e segundo as fontes, estabelecéronse na sua maior parte no Convento Xurídico Bracarense, isto é, centrandose en Braga, as terras que abranguen entre o Miño e o Douro cara o océano.