Conca do Mediterráneo: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: es:Cuenca del Mediterráneo |
m bot Engadido: sv:Medelhavsländer |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
[[simple:Mediterranean region]] |
[[simple:Mediterranean region]] |
||
[[sk:Stredomorie (Stredozemné more)]] |
[[sk:Stredomorie (Stredozemné more)]] |
||
[[sv:Medelhavsländer]] |
|||
[[th:บริเวณเมดิเตอร์เรเนียน]] |
[[th:บริเวณเมดิเตอร์เรเนียน]] |
||
[[uk:Середземномор'я]] |
[[uk:Середземномор'я]] |
Revisión como estaba o 20 de xullo de 2009 ás 00:54
A conca do Mediterráneo é un concepto xeográfico con connotaciones históricas e culturais.
Nela desenvolvéronse as denominadas civilizacións mediterráneas, cuxa continuidade no tempo ata a actualidade maniféstase nunha cultura mediterránea en gran parte común por riba das fondas diferenzas políticas e relixiosas. Tal unidade de cultura ou civilización viuse afectada na época contemporánea por varios factores: por unha banda aparece homoxeneizada coas do resto do mundo por efecto da globalización; e doutra banda presenta unha contraditoria relación co fenómeno do turismo, que por unha banda a magnifica e por outro a desvirtúa. Adoitan definirse como trazos comúns desa cultura mediterránea, ademais da herdanza cultural da Antigüidade clásica e do enfrontamento secular de civilizacións (grecorromana, xudeocristiana, islámica), moitos da vida cotiá, como a dieta mediterránea (legumes, froitas e verduras, peixe; e os tres alimentos básicos elaborados dende a máis remota antigüidade a partir de produtos agrícolas e cultivos específicamente adaptados á rexión: pan do trigo, aceite do olivo e viño da vide -ás veces denominados triloxía mediterránea-); a animada vida e o espírito de festa estimuladas pola benignidade do clima mediterráneo; multitude de tópicos e estereotipos, como unha certa forma, á vez vitalista e fatalista, de entendela vida.[1]
A unidade do Mediterráneo preténdese activar periódicamente por certas iniciativas políticas (Proceso de Barcelona: Unión para o Mediterráneo) e ata deportivas (Xogos do Mediterráneo).
Véxase también
- Entorno natural da Unión Europea
- Historia da rexión mediterránea
- Mundo grecorromano
- Mediterráneo oriental
- Mediterráneo occidental
- Vertiente mediterránea
Ligazóns externas
Notas
- ↑ Mediterráneo (canción), de Joan Manuel Serrat. etc.