Paio, mártir: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: de:Pelagius von Córdoba
Liña 31: Liña 31:
[[Categoría:Santos de Galicia]]
[[Categoría:Santos de Galicia]]


[[de:Pelagius von Córdoba]]
[[en:Pelagius of Cordova]]
[[en:Pelagius of Cordova]]
[[es:Pelayo (mártir)]]
[[es:Pelayo (mártir)]]

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2009 ás 10:56

San Paio Mártir, nado en Albeos[1] (Crecente) no ano 911 e falecido en Córdoba o 26 de xuño de 925, foi un rapaz cristián martirizado durante o califato de Abderramán III e canonizado posteriormente pola Igrexa Católica, como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte á homosexualidade.

O seu día no santoral católico é o 26 de xuño.

Martirio e morte

O seu martirio, descrito truculentamente no santoral, foi por despedazamento ou desmembramento mediante tenazas de ferro. Trala batalla de Valdejunquera (920), moitos habitantes cristiáns do Reino de León foron levados prisioneiros a Córdoba. Entre eles estaban Paio e seu tío Hermixio, bispo de Tui. Éste foi liberado coa fin de que xuntara un rescate, mentras que Paio quedaba en calidade de refén.

Segundo a tradición dise que o califa Abderramán III, prendado da súa beleza, requiriulle contactos sexuais, ós que se negou, provocando a súa tortura e morte.

Súa haxiografía reflexa que durante os catro anos que pasou en Córdoba en calidade de refén sen que o rescate fora pagado polo seu tío bispo, o mozo destacou pola súa intelixencia e a súa fe, facendo proselitismo de Cristo, insistindo en que foi esta actividade a que provocou que fora tentado por Abderramán III para que se convertise ó Islam, que rexeitou con vehemencia: Si, o rei, son cristián. Funo e sereino pola gracia de Deus. Tódalas túas riquezas non valen nada. Non penses que por cousas tan pasaxeiras vou renegar de Cristo, que é o meu Señor e o teu aínda que non o queiras."[2]

Veneración

O martirio en defensa da súa fe xustificou a súa pronta canonización. Deseguida pasou a recibir culto. A partir do século XI, no que os reinos cristiáns intervirían na política interior dos reinos musulmáns de taifas, moitos santos cristiáns foron trasladados ó norte, e o mesmo ocorreu cos seus restos: primeiro á cidade de León, e logo ó mosteiro beneditino de San Pelayo en Oviedo, que leva o seu nome (e que non debe confundirse con Paio de Asturias, primeiro rei de Asturias.

Aínda que a historia da súa vida non ten na actualidade moita repercusión no imaxinario colectivo o seu nome ten amplísima difusión en topónimos da Galiza toda.

Santo patrón

San Paio Mártir é santo patrón de:

  • Seminario Menor de Tui;
  • Villanueva Matamala, Morales del rey, etc.
  • Asimesmo son moitos as vilas e lugares de Galicia e de España que levan o nome de San Paio ou seu equivalente castelán San Pelayo.

Notas

  1. ou en Turonio (Bispado de Tui), seguramente na freguesía de Albeos.
  2. Hagiografía

Véxase tamén

Ligazóns externas