Bit: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:
* sectoriais
* sectoriais
A diferenza oficializadora entre elas podería consistir:
A diferenza oficializadora entre elas podería consistir:
* en que os membros da IEC son comités nacionais e que o representante español é [[AENOR]] (a ''Asociación española de normalización e certificación'', que establece as normas UNE), xunto con outras entidades oficiais ou case oficiais do prestixio de [[BSI]], [[ANSI]] ou un subcomité da [[DIN]] e, por outra banda,
* en que os membros da IEC son comités nacionais e que o representante español é [[AENOR]] (a ''Asociación española de normalización e certificación'', que establece as normas UNE), xunto con outras entidades oficiais ou case oficiais do prestixio de [[BSI]], [[ANSI]] ou un subcomité da [[DIN]]; e
* en que a colaboración coa ''Organización internacional de estandarización'' (International Organization for Standardization, máis coñecida como ISO) é máis estreita coa IEC que coa IEEE.
* en que a colaboración coa ''Organización internacional de estandarización'' (International Organization for Standardization, máis coñecida como ISO) é máis estreita coa IEC que coa IEEE.



Revisión como estaba o 17 de xullo de 2009 ás 09:50

Bit (simplificación de díxito binario, “BInary digiT” en inglés) é a menor unidade de información usada na Teoría da información e na Computación. Un bit ten un único valor, 0 ou 1, tamén interpretado como verdadeiro ou falso, ou neste contexto calquera dous valores mutuamente exclusivos.

Fisicamente, o valor dun bit é, dun xeito xeral, almacenado como unha carga elétrica que, dependendo se se sitúa por riba ou abaixo dun nivel de carga, corresponderálle un "0" ou un "1".

Aínda que os computadores teñen instruccións (ou comandos) que poden manipular bits, xeralmente a información almacénase en múltiplos de bits, chamados bytes, de 8 bits ou octetos. Existen tamén termos para referirse a múltiplos de bits usando patróns prefixados, como kilobit (kb), megabit (Mb) e xigabit (Gb), que non se deben confundir cos respectivos kilobyte (kB), megabyte (MB) e xigabyte (GB).

En telecomunicacións, o volume de tráfico en redes de computadores son descritos xeralmente en termos de bits por segundo (bps). Como exemplos:

  • “un modem de 56 kpbs é capaz de transferir dados a unha velocidade de 56 kilobits por cada segundo” (o que equivale a 7 kilobytes, 7 kB, con B maiúsculo para mostrar que nos estamos referindo a bytes e non a bits).
  • As redes Ethernet transferen dados a velocidades que varían de 10 megabits por segundo a 1000 megabits por segundo (de 1,25 a 125 megabytes por segundo).

Abreviación

Esta unidade non consta no Sistema Internacional de Unidades, polo que a súa abreviación ou símbolo non está oficializada uniformemente en tódolos países. No entanto, hai dúas propostas para simbolizar esta unidade cando se combina cos prefixos oficiais:

  • O símbolo é "bit" segundo o estandar IEC 60027 da Comisión electrotécnica internacional (International Electrotechnical Commission, a IEC)
  • O símbolo é "b" (nótese a minúscula) segundo a recomendación IEEE 1541 (2002) do Instituto de enxeñeiros eléctricos e de electrónica (Institute of Electrical and Electronics Engineers, o IEEE). A letra "B" en maiúscula é o símbolo establecido na norma oficial e de uso para byte

Estas dúas organizacións son:

  • sen ánimo de lucro,
  • non-gobernamentais,
  • corpos moi activos á hora de estableceren estándares
  • internacionais
  • sectoriais

A diferenza oficializadora entre elas podería consistir:

  • en que os membros da IEC son comités nacionais e que o representante español é AENOR (a Asociación española de normalización e certificación, que establece as normas UNE), xunto con outras entidades oficiais ou case oficiais do prestixio de BSI, ANSI ou un subcomité da DIN; e
  • en que a colaboración coa Organización internacional de estandarización (International Organization for Standardization, máis coñecida como ISO) é máis estreita coa IEC que coa IEEE.

Vexa tamén:

Para información máis detallada sobre a abreviación e o estándar, véxase en inglés: