La Voz de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
{{Outroshomónimos|Galicia (homónimos)}}
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
|-
|-
! valign="top" | País
! valign="top" | País
| [[Galiza]]
| [[España]]
|-
|-
! valign="top" | Cidade
! valign="top" | Cidade

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2009 ás 08:01

Diario La Voz de Galicia
Fundación 4 de xaneiro de 1882
Xénero Información xeral
País España
Cidade A Coruña
Ámbito Internacional
Lingua Castelán e galego
Periodicidade Diaria
Publicación Matutina
Prezo unitario 1,10 durante a semana e 2 os domingos (2008)
Color En branco e negro e en cor
Fundador Juan Fernández Latorre
Director Xosé Luis Vilela

La Voz de Galicia é un xornal galego, redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel español convertíndose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.

Segundo datos da OJD (Oficina de Xustificación da Difusión, Oficina de Justificación de la Difusión), La Voz de Galicia tivo unha tirada media diaria, no período comprendido entre xaneiro e decembro de 2006) de 118.206 ejemplares, cunha difusión de 103.112 [1], o que representou un lixeiro descenso sobre os datos do ano anterior, 2005, no que tivera unha difusión de 119.615 e 103.399 exemplares, respectivamente.

No mesmo período do ano 2006, a edición dominical do diario tivo unha tirada de 160.400 exemplares, como promedio, e unha difusión de 138.970.

É cabeceira do Grupo Voz, que ten a súa sede na Coruña e que é propietario, ademais do citado xornal, de nove emisoras de radio (RadioVoz), unha produtora de televisión, unha empresa de estudos de sondaxe de opinión (Sondaxe), unha licenza de televisión dixital terrestre (TDT) de ámbito autonómico, e tamén foi a editora do xornal Diario de León, vendido a un empresario da capital leonesa no mes de xuño de 2007.

Edicionalización

O modelo de edicións que caracteriza a La Voz comezou a xestarse na década de 1960 coa idea non de restar información, senón de dar a cada cal a que demanda. As preto de 60 páxinas do corpo central conteñen unha selección de noticias de ámbito xeral, mentres que un caderno pequeno de doce a dezaseis páxinas que se intercambian en cada edición, ofrece aos lectores a información máis próxima, a propia da súa cidade, comarca ou provincia.

As seccións reciben os nomes de: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e España.

Véxase tamén

Ligazóns externas