Torre dos Moreno: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
Conta con diversos adornos, como [[alicatado]]s, [[mármore]]s, [[vidrieira]]s, [[greca]]s, tellado con [[tella]]s de [[porcelana]] (cerámica vidrada) de cor vermella ou [[pilastra]]s. A [[cúpula]] da torre principal está mantida por catro [[cariátide]]s. A pranta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando SIXPAC) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.

O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en [[Cuba]], lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.
O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo [[Centroeuropa|centroeuropeo]], do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do [[século XX]] en [[Cuba]], lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.

[[Ficheiro:Ascensorcanton.jpg|thumb|left|Ascensor da Torre dos Moreno, onde se aprecia a súa manufactura de ferro fundido e motivos vexetais]]
[[Ficheiro:Ascensorcanton.jpg|thumb|left|Ascensor da Torre dos Moreno, onde se aprecia a súa manufactura de ferro fundido e motivos vexetais]]

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2009 ás 19:37

32' 16" N / 7° 02' 17" O_E_ 0°N 0°L / 43_32_16_N_07_2_17_W, 43° 32' 16" N / 7° 02' 17" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de Ribadeo, (tomada dende o Parque da Praza de España o 7 de febreiro de 2005), fachada SO

A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez e o enxeñeiro Ángel Ardex. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro.

Vista artíscia da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época (1 de setembro de 1916)

Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidrieiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A pranta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando SIXPAC) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.

O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.

Ascensor da Torre dos Moreno, onde se aprecia a súa manufactura de ferro fundido e motivos vexetais

Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.

As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.

A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.

Bibliografía

Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000

Véxase tamén