Tines, Vimianzo: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) Lp Tines |
m Bot: Cambiada Categoría:Parroquias de Galicia sen imaxes |
||
Liña 38: | Liña 38: | ||
*[[Lugares de Vimianzo]] |
*[[Lugares de Vimianzo]] |
||
⚫ | |||
[[Categoría:Vimianzo]] |
[[Categoría:Vimianzo]] |
||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
[[pms:Tines, Vimianzo]] |
[[pms:Tines, Vimianzo]] |
Revisión como estaba o 12 de xullo de 2009 ás 01:48
Tines | |
---|---|
Concello | Vimianzo |
Coordenadas | 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752Coordenadas: 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752 |
Área | - km² |
Poboación | (Ano ) hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Vimianzo poboación {{{ano}}}]]
Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela.
Situación xeográfica
Está delimitada por Salto, Bamiro, Treos, Vilar e Cambeda, distando só 8,5 km da capital do concello.
Historia
Tines constitúe un dos enclaves máis relevantes de Galicia polo seu testemuño bárbaro, románico e prerrománico que botan luz sobre a época escura desde o século I ata unha baixa Idade Media.
A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII nos que se distinguen:
- Vestixios romanos: material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez.
- Sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. Cabe dicir que a maior parte dos vestixios foron destruídos cando o descubrimento no 1954 e os restantes permanecen á intemperie nun profundo abandono. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI.
- Vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.
A estela romana de Vitorino
Cabe mencionar que, aparte dos sarcófagos pétreos, o descubrimento da estela romana de Vitorino é un dos máis relevantes para a cultura de Galicia. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións.
Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV. Pódese contemplar actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña.
Lugares de Tines
Lugares da parroquia de Tines no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|