Xbox: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
m bot Engadido: bg:Xbox
Liña 28: Liña 28:


[[ar:إكس بوكس]]
[[ar:إكس بوكس]]
[[bg:Xbox]]
[[bs:Xbox]]
[[bs:Xbox]]
[[ca:Xbox]]
[[ca:Xbox]]

Revisión como estaba o 11 de xullo de 2009 ás 00:25

Videoconsola Xbox
Controlador da Xbox

Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.

Entre as características principais da consola, pódese recalcar que foi a primeira en estar equipada cun disco duro para o almacenamiento de xogos salvados, memoria caché durante o xogo e descarga de contido adicional a través de Xbox Live.

Situación de mercado

Desde a súa saída tivo un gran éxito en América e Europa, pero foi superada por PlayStation 2 en Xapón.

Xbox foi primeira en vendas no Reino Unido e outros países como México, Australia e Nova Celandia. Foi segunda en vendas no mercado de Estados Unidos e Porto Rico. No resto dos países europeos foi terceira en vendas, moi preto da Nintendo GameCube.

Dise que a estratexia de Microsoft non era o beneficio senón a penetración no mercado das videoconsolas, principalmente o mercado estadounidense, entón dominado por Sony e Nintendo.

Videoconsolas competidoras

Vexase Tamén

Ligazóns Externas