Zarautz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: oc:Zarautz
Rubinbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: an:Zarautz
Liña 37: Liña 37:
[[Categoría:Concellos de Guipúscoa|Zarautz]]
[[Categoría:Concellos de Guipúscoa|Zarautz]]


[[an:Zarautz]]
[[ast:Zarautz]]
[[ast:Zarautz]]
[[br:Zarautz]]
[[br:Zarautz]]

Revisión como estaba o 6 de xullo de 2009 ás 17:45

Vista xeral de Zarautz
Localización do concello de Zarautz no mapa de Guipúscoa

Zarautz è unha cidade e un concello vasco con 14 km2 e 22.323 habitantes (2006), situada no centro da costa da provincia de Guipúscoa, nel País Vasco. Forma un elegante centro balneario a 20 Km. de San Sebastián, capital provincial, con a praia máis longa de Euskadi, duns 2.500 m.

Historia

Entre as primeiras noticias históricas acerca de Zarautz está a concesión de carta foral polo rei Fernando III de Castela en 1237. A súa poboación dedicouse tradicionalmente á pesca, nomeadamente a de baleas. Esta tradición mariñeira continuou até o século XVI, pasou a dedicarse en boa medida a actividades industriais como ferrerías, estaleiros navais, confección téxtil e de mobles.

Na segunda metade do XIX douse unha importante evolución na economía local, cando a raíña Isabel II de España colleu o costume de pasar un tempo de repouso no verán, e escolleu a vila de Zarautz como lugar de estancia; á raíña foi seguida de familias nobiliarias e outras persoalidades que arrastraban consigo un numeroso séquito. Zarautz pasou a converterse nunha das primeiras localidades turísticas de España. A localidade enriqueceuse con construcións luxuosas e o ritmo mantívose durante a primeira metade do século XX.

Monumentos

  • Palacio de Narros de 1536, arrodeado dun xarín á inglesa. Nel hospedous a raíña Isabel II e outras personalidades.
  • Casa-Torre dos Zarrautz de fine do século XV.
  • Torre Luzea, tamén do XV.
  • Casa Portu do século XVI; hoxe Casa do Concello.
  • Casa Makatza do XV, con aspecto de casa-torre defensiva.
  • Casa Dotorqua do XVI, exemplo arquitectónico tradicional vasco.
  • Igrexa Parroquial de Santa Maria la Real, con transformacións ao longo dos séculos.
  • Convento dos Padres franciscanos, del 1610, contén unha importante biblioteca vasca.
  • Convento de Santa Clara de 1611.

A cidade está dotada de moitos xardíns e parques: Parque de Vista Alegre', Parque de Mutxio, Parque de Torre Luzea, Parque de Pagoeta (cun museo no mesmo parque e cunha antiga ferraría).

Arredores

A 15 km, Orio, pintoresco paisaxe vasca sobre do río Oria. A 10 km, Getaria, porto de pesca tradicional. A 12 km, Zumaia , outra localidade litoral. A 28 km, Santuario de san Ignacio de Loyola grandioso complexo monastico que comprende a casa da famiglia Loyola con recordos e reliquias do santo.

Festas

As máís importantes son a patronais de San Pelaio do 25 ao 27 de xuño. Tamén a festas da Virxe, do 14 ao 17 de agosto e as Euskal Jaiak o 9 de setembro.