Romano Prodi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Romano Prodi
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m bot Modificado: lt:Romano Prodi
Liña 80: Liña 80:
[[la:Romanus Prodi]]
[[la:Romanus Prodi]]
[[lb:Romano Prodi]]
[[lb:Romano Prodi]]
[[lt:Romanas Prodis]]
[[lt:Romano Prodi]]
[[mk:Романо Проди]]
[[mk:Романо Проди]]
[[mr:रोमानो प्रोदी]]
[[mr:रोमानो प्रोदी]]

Revisión como estaba o 30 de xuño de 2009 ás 11:18

Romano Prodi
Romano Prodi
Datos persoais
Nacemento9 de agosto de 1939
 Scandiano
OrganizaciónPartido Democrático
PaiMario Prodi
NaiEnrica Franzoni
CónxuxeFlavia Franzoni
FillosAntonio Prodi
Alma máterUniversidade Católica do Sagrado Corazón, London School of Economics e Universidade Harvard
ProfesiónEconomista
Relixióncatolicismo
Na rede
http://www.romanoprodi.it
IMDB: nm1386906 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Romano Prodi é un político italiano (nacido o 9 de agosto de 1939), de centro-esquerda. Dende 1996 ata 1998, foi Primeiro Ministro de Italia (sucedido por Silvio Berlusconi); dende 1999 ata 2004, foi Presidente da Comisión Europea (sucedido por José Manuel Durão Barroso). Volveu a ser Primeiro Ministro de Italia desde abril do ano 2006 ata xaneiro de 2008, cando en medio dunha grave crise do país, perdeu unha moción de confianza que levou á convocatoria de novos comicios en abril.

En marzo de 2008, Prodi anunciou a súa retirada da política profesional.

Adóitase referirse a el como il Professore (o profesor).

Vida

Personal

Naceu en Scandiano, na provincia de Emilia-Romagna. É o oitavo dos nove fillos que tiveron Mario Prodi, enxeñeiro de profesión, e a súa dona Enrica, profesora.

Casou con Flavia Franzoni en 1969 e ten dous fillos. Vive en Bolonia.

Académica

Romano Prodi estudou Dereito na Universidade do Sacro Cuore, en Milán. En 1963, comezou a traballar na Universidade de Bolonia, onde se fixo profesor no ano 1971, posto no que permaneceu ata 1999.

Política

Xa en 1978, foi Ministro de Industria baixo o goberno de Giulio Andreotti. En 1995, comezou a dirixir a coalición de centro-esquerda italiana O Olivo, gañando en 1996 as eleccións para, en 1998, perde-lo goberno por rupturas dentro da súa coalición.

Dende Setembro de 1999, foi Presidente da Comisión Europea, un cargo no que presenciou algún dos máis importantes episodios na historia de Europa (a introdución do euro ou a ampliación de 2004, por exemplo). En 2004, foi substituído por José Manuel Durão Barroso e volveu á política italiana.

No ano 2006, en abril, gañou de novo as eleccións en Italia por unha estreita marxe de votos, que provocou que, por exemplo, non tivese máis que dous escanos de vantaxe no Senado. O mandato dura menos de dous anos, xa que en xaneiro de 2008 perde unha moción de confianza e dimite do seu cargo.


Predecesor:
Manuel Marín González
 
Presidente da Comisión Europea
 
1999 - 2004
Sucesor:
José Manuel Durão Barroso