Wikipedia:Dereitos de autoría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m moveu "Wikipedia:Copyrights" a "Wikipedia:Dereitos de autor": evitemos os termos en inglés na medida do posible
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
O texto orixinal en inglés da GFDL é o único documeto ''legalmente válido''; o que sigue é a nosa interpretación da GFDL: os dereitos e obrigas dos usuarios e colaboradores
O texto orixinal en inglés da GFDL é o único documeto ''legalmente válido''; o que sigue é a nosa interpretación da GFDL: os dereitos e obrigas dos usuarios e colaboradores


<font size="+1">IMPORTANTE: se desexas empregar contidos procedentes da Wikipedia, le primeiro a sección [[Wikipedia:Copyrights#Dereitos_e_obrigacións_dos_usuarios|Dereitos e obrigacións dos usuarios]]. Tamén deberías ler a [[GFDL|Licenza GNU de documentación libre]].</font>
<font size="+1">IMPORTANTE: se desexas empregar contidos procedentes da Wikipedia, le primeiro a sección [[#Dereitos e obrigas dos usuarios|Dereitos e obrigas dos usuarios]]. Tamén deberías ler a [[GFDL|Licenza GNU de documentación libre]].</font>


==Dereitos e obrigas dos usuarios==
==Dereitos e obrigas dos usuarios==

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2009 ás 18:56

A licenza empregada pola Wikipedia garante o acceso libre ao noso contido e é semellante á do software libre. Este principio coñécese como copyleft. Con outras palabas, o contido da Wikipedia pode ser copiado, modificado, e redistribuido sempre que a nova versión lles conceda as mesmas liberdades a outros e recoñeza os autores do artigo da Wikipedia empregado (chega con unha ligazón directa ao artigo). Os artigos da Wikipedia quedarán polo tanto libres para sempre e poderán ser empregados por calquera con certas restricións, a maioría delas para asegurar tal liberdade.

Coa meta de cumplir os obxectivos anteriores, os textos contidos na Wikipedia están licenciados ao público baixo os termos da GNU Free Documentation License (GFDL, Licenza de Documentación Libre de GNU). O texto completo desta licenza está en Texto da Free Documentation License (Licenza de documentación libre de GNU).

Autorízase a copiar, distribuir e/ou modificar este documento baixo os termos da Licenza GNU de documentación libre, na súa versión 1.2 ou calquera versión posterior publicada pola Fundación de Software Libre; sen seccións invariantes, nen textos de portada ou de contraportada.
Unha copia da licenza está incluída na sección denominada «Licenza GNU de documentación libre».
O contido da Wikipedia está suxeito aos termos da Wikipedia:Advertencia xeral.

O texto orixinal en inglés da GFDL é o único documeto legalmente válido; o que sigue é a nosa interpretación da GFDL: os dereitos e obrigas dos usuarios e colaboradores

IMPORTANTE: se desexas empregar contidos procedentes da Wikipedia, le primeiro a sección Dereitos e obrigas dos usuarios. Tamén deberías ler a Licenza GNU de documentación libre.

Dereitos e obrigas dos usuarios

Se desexas empregar os materiais da Wikipedia no teu propio libro/artigos/páxinas web ou outras publicacións, pódelo facer, pero tes que seguir a GFDL. Se só estas a copiar o artigo da Wikipedia, debes seguir a sección dous da GFDL; verbatim copying (copia literal).

Se creas unha versión derivada cambiando ou engadindo contidos, tes que ter en conta o seguinte:

  • Os teus materiais deben ser licenciado baixo os termos da GFDL.
  • Debes recoñecer a autoría do artigo (sección 4B).
  • Debes proporcionar acceso á «copia transparente» do material (sección 4J). (A «copia transparente» do artigo da Wikipedia é o texto do wiki.)

Podes cumplir as dúas ultimas obrigas proporcionando unha ligazón ao artigo da Wikipedia hospedado neste sitio web. Tamén tes que proporcionar acceso a unha copia transparente do novo texto. Sen embargo, ten en conta que a Wikimedia Foundation non garante a conservación da información da autoría e unha copia transparente dos artigos. Polo tanto, animámoste a proporcionar esta información de autoría e unha copia transparente coas túas obras derivadas.

Exemplo de aviso

Un exemplo de aviso para un artigo que emprega o artigo da Wikipedia Variábel metasintáctica podería ser así:

Este artigo está licenciado baixo os termos da <a href="http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html">GNU Free Documentation License</a>. Emprega contidos procedentes do <a href="http://en.wikipedia.org/wiki/Enerxía_potencial">artigo da Wikipedia «Enerxía potencial»</a>.

(O título «Enerxía potencial» e o enderezo da URL deben ser substituídos polos correspondentes.)

De outra forma, podes distribuir a túa copia de «Enerxía potencial» xunto con unha copia da GFDL (coma se explica no texto) e unha lista de polo menos cinco autores principais na portada (ou no alto do documento).

Materiais de uso aceptábel e requirimentos especiais

Todo o texto procedente da Wikipedia distribúese baixo os termos da Licenza GNU de documentación libre. Ás veces, os artigos da Wikipedia poden incluir imaxes, sons, ou citas empregadas baixo a o principio do que a lei de Copyright dos Estados Unidos considera "uso aceptábel" (fair use). Prefírese que se obteñan baixo a licenza máis libre, (como a GFDL ou o dominio público). Nos casos nos que nengunha imaxe ou son estén disponíbeis acéptase o emprego de imaxes de "uso aceptábel" (ata que existan imaxes libres equivalentes disponíbeis).

Nestes casos, o material deberá estar identificado como procedente dunha fonte externa (na páxina de descrición da imaxe ou no historial, como resulte máis apropiado). Dado que o "uso aceptábel" depende da utilización concreta que se contemple, é mellor descreber o razoamento de por que se considera que se trata dun "uso aceptábel", ben usando texto agochado no artigo ou na páxina de descrición da imaxe. Lembre que o que pode ser considerado un uso aceptábel na Wikipedia pode non o ser para outra utilización que se lle dé noutro contexto.

Por exemplo, se pretende incluir unha imaxe como de uso aceptábel, terá que asegurarse de que o uso do artigo tamén pode ser considerado como de uso aceptábel (pode non ser o caso, por exemplo, se vai usar o artigo da Wikipedia para fins comerciais que si estarían permitidos pola GFDL pero este uso aceptábel non sería aceptábel para ese uso comercial).

Wikipedia usa algúns texto baixo licenzas que son compatíbeis coa GFDL pero pode requirir condicións adicionais que non se requiren para texto orixinal da wikipedia (tal e como incluir Seccións Invariantes, Textos de Portada ou Textos de Contraportada). Ao usar estes materiais, deberá incluir literalmente esas seccións invariábeis.


Emprego de imaxes

As imaxes e fotografías, o mesmo que os traballos escritos, están suxeitos a copyright. Perténcenlle a alguén a menos que se puxesen explicitamente no dominio público. Para as imaxes de Internet hai que obter a licenza directamente do posuidor do copyright ou dalguén con capacidade para xestionar esa licenza no seu nome. Nalgúns casos pódense seguir as directrices do "uso aceptábel" coas fotografías.

Etiquetaxe

As páxinas de descrición de imaxes poden ser etiquetadas cunha etiqueta especial para indicar o estado legal das imaxes, como se indica en Wikipedia:Modelos para etiquetas de copyright. Non está claro que acontece cando a mesma imaxe foi publicada máis dunha vez na Internet con diferentes reinvindicacións de copyright.

Fotografías do goberno dos EEUU

Os materiais que produzan empregados do goberno federal dos Estados Unidos no ámbito do seu traballo considéranse legalmente como dominio público. Porén, apesar da idea popular, o Goberno Federal dos EEUU pode ter de dereitos que lle foran traspasados por terceiros. Por vía de regra, as fotografías dos sitios .mil e .gov están no dominio público. Existen, porén, algunhas excepcións notábeis. Comprobe o aviso sobre privacidade e seguranza do sitio web. Hai que ter tamén en conta que os gobernos doutros países reclaman o copyright das obras producidas polos seus empregados (como, por exemplo, o Copyright Real no Reino Unido). Igualmente, a maioría dos gobernos de estados dos Estados Unidos de América non poñen o seu traballo no dominio público e mesmo non posúen o copyright do seu traballo. Convén comprobar con coidado a información sobre a propiedade antes de copiar.

Fotografías de famosos

Isto está baseado no libro de estilo de imaxes da IMDB (sitio web que ofrece unha "base de datos de películas"); aplícase polo tanto especialmente ás fotografías dos famosos, pero tamén pode aplicarse a outras imaxes. As fotografías lexítimas xeralmente proceden de tres sitios diferentes con autorización.

  1. Os estudos, os produtores, as editoriais ou o medio que orixinalmente tirou a foto.
  2. As axencias que representan os fotógrafos que sacaron a foto ou o mesmo fotógrafo (especialmente no caso das fotografías feitas por aficionados).
  3. Envios do propio famoso/a ou o seu representante legal.

Fotografías da NASA

Artigo principal: Wikipedia:Fotos da NASA.

Dereitos e obrigas dos colaboradores

Se vostede contribúe con material á Wikipedia, licénzao ao público baixo a GFDL (sen seccións invariábeis, textos de portada ou textos de contraportada).

Para contribuír deberá, polo tanto, estar en condicións de conceder esta licenza, o que significa que, ora

  • posúe os direitos sobre o material, por exemplo porque o produciu vostede mesmo/a, ora
  • adquiriu o material dunha fonte que permite que se licence baixo a GFDL, por exemplo porque o material está no dominio público ou foi el mesmo publicado baixo a GFDL.

No primeiro caso, vostede mantén o copyright sobre os seus materiais. Pode posteriormente republicalos e utilizar unha licenza distinta. Porén, non poderá nunca retirar a licenza GFDL das versións que colocou aquí: o material manterase baixo a GFDL para sempre.

No segundo caso, se incorpora materiais externos á GFDL, como requisito da GFDL terá que recoñecer a autoría e fornecer un vínculo ao lugar da Rede no que estaba a copia orixinal. Se a copia orixinal requiría seccións invariábeis, teraas que incorporar no artigo da Wikipedia; prefírese, sen embargo, que, sempre que for posíbel, substitúa os textos da GFDL con seccións invariábeis por contidos orixinais sen seccións invariábeis.

Utilización de material protexido por copyright producido por terceiros

Se usa parte dunha obra protexida por copyright baixo o principio de "uso aceptábel", ou se obtén un permiso especial para usar material protexido por copyright de quen o detenta baixo os termos da nosa licenza, deberá facelo constar (xunto cos nomes e datas). Consta entre os nosos obxectivos a posibilidade de redistribuir libremente canto material da Wikipedia sexa posíbel, polo que se prefiren imaxes orixinais e ficheiros de son licenciados baixo a GFDL ou no dominio público a ficheiros de medios con copyright con "uso aceptábel".

Non use nunca materiais que violen os dereitos de outros. Iso podería crear responsabilidades legais de danar seriamente o proxecto. Se ten dúbidas, escrébao vostede mesmo.

Observe que as leis sobre o copyright regulan a expresión creativa das ideas, non as ideas ou a información en si mesmas. Polo tanto, é perfectamente legal ler un artigo dunha enciclopedia ou doutra obra, reformulalo nas súas propias palabras e envialo á Wikipedia.


Como doar materiais da súa autoría, suxeitos a copyright, á Wikipedia

Artigo principal: Wikipedia:Como doar materiais.

Ligazóns a traballos protexidos por copyright

Normalmente, as ligazóns a obras baixo copyright non representan un problema, sempre que se faga un esforzo razoábel para determinar que a páxina en cuestión non viola o copyright "de terceiros". De ser o caso, non ligue para esa páxina. Se ese enlace contribúe á violación está ainda por determinar nas leis mais, en calquer caso, ligar cun sitio que distribúe ilegalmente o traballo de terceiros fainos un fraco favor.

Se atopas un incumprimento dun copyright

Non é o traballo dos wipidedistas normais examinar cada artigo na procura de violacións de copyright, mais se suspeita que se producíu, debería como mínimo chamar a atención sobre ese feito na páxina de conversa desa páxina. Haberá quen examine a situación e tome unha resolución, se procede. O máis útil que pode facer é fornecer un URL ou outra referencia ao que considere que é a orixe do texto.

Algúns casos serán falsas alarmas. Por exemplo, se quen contribuíu foi de feito o autor do texto que se publicou noutro sitio baixo condicións distintas, iso non afecta o seu dereito a publicalo aquí baixo a GFDL. Tamén, ás veces, atopará o texto noutra parte da Rede que foi, con efeito, copiado da Wikipedia. En ambos os dous casos, é unha boa idea consignalo na páxina de conversa para evitar falsas alarmas no futuro.

Se parte co contido dunha páxina constitúe realmente unha violación, haberá que retirar o contido en cuestión e incluir unha nota ao respeito na páxina de conversa, xunto coa fonte orixinal. Se posteriormente se obtén o permiso do autor, poderase retornar ese texto.

En casos extremos de colaboradores que continúen a publicar material protexido por copyright e que ignoren as advertencias que se lles fagan, poderáselles bloquear de contribuir proxecto.

Se algún dos contidos hospedados na Wikipedia foi empregado sen o seu permiso

Se é propietario dun contido que se está a empregar na Wikipedia sen o seu consentimiento, pode solicitar que sexa eliminado da Wikipedia inmediatamente premendo nesta ligazón. Tamén pode porse en contacto co Axente destinado para que sexa eliminado permanentemte, pero pode levar ata unha semana eliminar a páxina así (tamén pode borrar a páxina pero o texto continuara estando no historial da páxina). En ambos os dous casos precisaremos algunhas probas para aceptar a súa petición de recoñecemento de propiedade.