Tumor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ensada (conversa | contribucións)
m interwiki
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Hidradenoma.jpg|thumb|right|Tumor benigno nunha [[fazula]] coñecido co nome de [[hidradenoma]].]]
[[Ficheiro:Hidradenoma.jpg|thumb|right|Tumor benigno nunha [[fazula]] coñecido co nome de [[hidradenoma]].]]
Un '''tumor''' é unha alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de [[volume]] destes. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. En sentido restrinxido, un tumor é calquera [[vulto]] que se deba a un aumento no número de [[célula]]s que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidade de invasión ou infiltración e de [[metástase]] a lugares distantes do tumor primario, e entón cando pasa a ser coñecido como [[cancro]]. O tumor, xunto co rubor, a [[dor]] e a [[calor]] forman a tétrada clásica dos [[síntoma]]s e signos da [[inflamación]].
Un '''tumor''' é unha alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de [[volume]] destes. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. En sentido restrinxido, un tumor é calquera [[vulto]] que se deba a un aumento no número de [[célula]]s que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidade de invasión ou infiltración e de [[metástase]] a lugares distantes do tumor primario, e entón cando pasa a ser coñecido como [[cancro]]. O tumor, xunto co rubor, a [[dor]] e a [[calor]] forman a tétrada clásica dos [[síntoma]]s e signos da [[inflamación]].

== Causas dos tumores ==
Os tumores son alteracións debidas diversos factores desencadeantes. Deste xeito, existe un marcado compoñente xenético nos cancros e un importante compoñente ambiental. Os xenes involucrados nestes procesos son varios, algúns deles característicos de determinados cancros (BRCA 1 e 2 no cancro de mama ou o APC no adenocarcinoma de [[colon]]). Outros, coma o xen [[p53]] aparecen mutados en moi diversos cancros. As funcións destes xenes son múltiples, pero un grupo importante regula o ciclo celular, directa ou directamente. É o caso do p53, que ao detectar anomalías [[xene|xenéticas]] irreparables debe iniciar a [[apoptose]] (a morte da célula tumoral). O p53 é un xene moi susceptible ás substancias do tabaco, aínda que tamén pode ser defectuoso dende o nacemento.

O compoñente ambiental é aínda máis importante caos xenes nalgúns tumores. É o caso dos [[mesotelioma|mesoteliomas]], que se producen debido a contactos longos con [[asbesto]]. Unha mala dieta, pobre en fibra tamén é un factor favorecedor do cancro de colon. Algúns tumores están causados por infecións, é o caso do cancro de [[estómago]], que está relacionado pola infección por [[Helicobacter Pylori]], o mesmo [[mecrobio]] que causa a [[úlcera gástrica]]. Algunhas infecións víricas tamén poden producir tumores, é o caso de infecións do [[virus]] de [[virus de Epstein-Barr|Epstein-Barr]].


[[Categoría:Doenzas]]
[[Categoría:Doenzas]]

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2009 ás 16:41

Tumor benigno nunha fazula coñecido co nome de hidradenoma.

Un tumor é unha alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de volume destes. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. En sentido restrinxido, un tumor é calquera vulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidade de invasión ou infiltración e de metástase a lugares distantes do tumor primario, e entón cando pasa a ser coñecido como cancro. O tumor, xunto co rubor, a dor e a calor forman a tétrada clásica dos síntomas e signos da inflamación.

Causas dos tumores

Os tumores son alteracións debidas diversos factores desencadeantes. Deste xeito, existe un marcado compoñente xenético nos cancros e un importante compoñente ambiental. Os xenes involucrados nestes procesos son varios, algúns deles característicos de determinados cancros (BRCA 1 e 2 no cancro de mama ou o APC no adenocarcinoma de colon). Outros, coma o xen p53 aparecen mutados en moi diversos cancros. As funcións destes xenes son múltiples, pero un grupo importante regula o ciclo celular, directa ou directamente. É o caso do p53, que ao detectar anomalías xenéticas irreparables debe iniciar a apoptose (a morte da célula tumoral). O p53 é un xene moi susceptible ás substancias do tabaco, aínda que tamén pode ser defectuoso dende o nacemento.

O compoñente ambiental é aínda máis importante caos xenes nalgúns tumores. É o caso dos mesoteliomas, que se producen debido a contactos longos con asbesto. Unha mala dieta, pobre en fibra tamén é un factor favorecedor do cancro de colon. Algúns tumores están causados por infecións, é o caso do cancro de estómago, que está relacionado pola infección por Helicobacter Pylori, o mesmo mecrobio que causa a úlcera gástrica. Algunhas infecións víricas tamén poden producir tumores, é o caso de infecións do virus de Epstein-Barr.