Nómade: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ar:رحل |
m Nómada non é galego. Soamente nómade. |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Nomads near Namtso.jpg|thumb|right|400px|Familia de pastores nómadas da rexión tibetana de [[Naptso]]. Foto do [[2005]].]] |
[[Ficheiro:Nomads near Namtso.jpg|thumb|right|400px|Familia de pastores nómadas da rexión tibetana de [[Naptso]]. Foto do [[2005]].]] |
||
'''Nómade |
'''Nómade''' é unha persoa ou grupo social que non ten residencia fixa e que, para conseguir os recursos necesarios para vivir, desprázase dun lugar a outro. Os primeiros seres humanos foron nómadas, mais todavía é a forma de vida de moita poboación do mundo. |
||
Durante a [[Prehistoria]], ó non coñecer o home a agricultura nin a ganadería, víase obrigado a seguir os rebaños dos animais dos que se alimentaba para cazalos e sustentarse, ó mesmo tempo que cazaba ou pescaba outros animais e recolectaba produtos vexetais. |
Durante a [[Prehistoria]], ó non coñecer o home a agricultura nin a ganadería, víase obrigado a seguir os rebaños dos animais dos que se alimentaba para cazalos e sustentarse, ó mesmo tempo que cazaba ou pescaba outros animais e recolectaba produtos vexetais. |
Revisión como estaba o 29 de xuño de 2009 ás 11:12
Nómade é unha persoa ou grupo social que non ten residencia fixa e que, para conseguir os recursos necesarios para vivir, desprázase dun lugar a outro. Os primeiros seres humanos foron nómadas, mais todavía é a forma de vida de moita poboación do mundo.
Durante a Prehistoria, ó non coñecer o home a agricultura nin a ganadería, víase obrigado a seguir os rebaños dos animais dos que se alimentaba para cazalos e sustentarse, ó mesmo tempo que cazaba ou pescaba outros animais e recolectaba produtos vexetais.
O home descubreu a agricultura e a ganadería durante o Neolítico. Grazas a iso, moitas poboacións puideron asentarse nas terras que ocupaban e converterse en sedentarios. Sen embargo, en algúns lugares do mundo era necesario desprazar constantemente o ganado para que este puidera seguir pastando unha vez que esgotaba o pasto dun lugar; ou era necesario buscar novas zonas onde cultivar plantas, coma nas selvas tropicais, onde se cultivaba (e se sigue cultivando) sobre as cinsas dos terreos queimados, que unha vez coseitados, abandónanse e búscanse novos terreos.
Durante a antigüidade e a Idade Media houbo un gran número de pobos nómadas. Moitos deles causaron estragos en grandes países sedentarios, como as invasións bárbaras no Imperio Romano, ó cal fragmentaron; ou as invasións mongolas sobre China e outras moitas rexións asiáticas e europeas, as cales devastaron e conquistaron.
Hoxe a maioría da poboación mundial é sedentaria, ou semisedentaria (coma en Bangladesh, país situado no delta de grandes ríos, a maioría do terreo é tan cambiante que é necesario abandonar as casas para construílas en novos sitios varias veces durante a vida).
Algúns exemplos de conxuntos diferenciables de pobos nómadas que hoxe existen son os seguintes: