Historia da Terra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elvire (conversa | contribucións)
m retiro {{seniw}}
Liña 15: Liña 15:
[[categoría:Terra]]
[[categoría:Terra]]


{{seniw}}
[[ar:تاريخ الأرض]]
[[ar:تاريخ الأرض]]
[[ca:Història de la Terra]]
[[ca:Història de la Terra]]

Revisión como estaba o 28 de xuño de 2009 ás 23:47

A Terra

A Historia da Terra comeza coa formación desta a partir da nebulosa solar, xunto co Sol e os outros planetas do sistema solar. A Lúa formouse máis tarde, posiblemente coma resultado do impacto dun obxecto do tamaño de Marte. A primeira molécula auto-replicante apareceu hai 4.000 millóns de anos aproximadamente.

Vida

O desenvolvemento da fotosíntese permitiu ás formas de vida primitivas obter directamente a enerxía solar, producindo osíxeno que se acumulou na atmosfera dando lugar á capa de ozono. As primeiras células complexas que apareceron foron as chamadas eucariotas. As células que se atopaban en colonias comezaron a especializarse cada vez máis, dando lugar ós primeiros organismos multicelulares.

Etapas

Durante centos de millóns de anos a superficie terrestre mudou decontinuo, formando e rachando continentes. Aproximadamente hai 750 millóns de anos comezou a romperse o primeiro gran continente coñecido, Rodinia. Posteriormente, os continentes recombináronse para formar Pannnotia, hai uns 500 millóns de anos, ata que finalmente formaron a Pangaea, a cal rompeuse hai 180 millóns de anos.

Dende os anos 60 propúxose que varias glaciacións ocorreron durante o período neoproterozoico, cubrindo a terra cunha capa de xeo. Estas prececeron á explosión cambriana, período no que as formas de vida multicelulares comezaron a proliferar.

Dende a explosión cambriana, hai uns 535 millóns de anos, ocorreron 5 extincións masivas. A última delas tivo lugar hai 65 millóns de anos, cando se extinguiron os dinosaurios e outros grandes reptís. Tras isto, os mamíferos comezaron a diversificarse dando lugar a moitas especies, entre elas os seres humanos.