Meaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 83: Liña 83:


==Patrimonio histórico e artístico==
==Patrimonio histórico e artístico==
* Igrexa parroquial de Santa Cristina de Cobas.
* Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Cobas.
* Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Dena
* Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Dena
* Igrexa Parroquial de San Miguel de Lores
* Igrexa Parroquial de San Miguel de Lores

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2009 ás 15:29

Meaño
Casa do Concello
Situación
Xentilicio[1]Meañes
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación5.258 hab. (2023)[2][3]
Área27,8 km²[3]
Densidade189,14 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias[4]
Política (2003)
Concelleiros


Outros: -
Eleccións municipais en Meaño
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,92%
Na rede
http://www.concellodemeano.com
editar datos en Wikidata ]

Meaño é un concello da provincia de Pontevedra. Pertence á Comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2005 tiña unha poboación de 5.478 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Meañés.

Evolución da poboación de Meaño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.149 4.519 5.048 5.801 5.489
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Situación

O concello está encravado en pleno corazón da comarca do Salnés e aberto na súa parte baixa á ría de Arousa.

Os seus 28 km² de extensión albergan unha poboación de 5.500 habitantes, distribuídos en pequenos núcleos que configuran as sete parroquias que forman o concello, sendo Dena a máis densamente poboada e a única en contacto co mar.

Limita ó norte co concello de Ribadumia, ó sur con Sanxenxo, ó leste con Meis e Poio, e ó oeste con Sanxenxo, Cambados e a Ría de Arousa.

Está atravesado pola Vía Rápida 4.1, pola estrada comarcal de VilagarcíaO Grove e polo enlace desta con Sanxenxo, estrada Noalla - Caldas e outras estradas locais.

Xeografía

O relevo está configurado por dúas unidades: unha pequena dorsal montañosa, que se estende ao Leste do concello, prolongación surocidental do Castrove, onde se alcanzan altitudes non superiores aos 400 metros (Fontefría 396, Montemaior 280 y Candelore 271 metros); e ampla chaira salpicada dalgúns soutos ou outeiros duns 100 metros de altitude. O reborde montañoso elevado é un bloque levantado pola tectónica, ao mesmo tempo ca parte máis baixa e chá, é unha depresión formada a consecuencia do afundimento deste sector respeito ao primeiro. Este amplo val foi posteriormente recuberto por fértiles depósitos aluviais, sobre os que se instalou, sen apenas encaixarse, a rede fluvial. Son pequenos cursos de auga, destacando o río da Chanca, que nace nas pontes Fontefría y Montemaior.

A ausencia de barreiras topográficas aos ventos húmidos dominantes do SO, propicia que se recollan importantes precipitacións, que presentan un acusado máximo a finais do outono e principios do inverno e un mínimo estival. As temperaturas medias invernais son suaves, en torno aos 10°C e as estivais cálidas (20°C).

A principal actividade económica de Meaño é a agricultura. As condicións climáticas, litolóxicas e topográficas determinan o enorme potencial e fertilidade dos seus solos, sobre todo para cultivos intensivos de horta cunha clara orientación comercial; neste senso nos últimos anos aumentou moito a superficie cultivada baixo teito (invernadoiros), así como as hectáreas dedicadas a cultivos como o kiwi. Mención aparte merece o viñedo, que experimentou unha profunda transformación, tanto na mellora das variedades de vide (hoxe dominan amplamente as de albariño e caíño), como nas técnicas de enmarcado e manexo das explotacións vitivinícolas, que propiciou a aparición de importantes empresas no sector. A variedade de Albariño, encadrada na Denominación de Orixe Rías Baixas, logrou varios premios internacionais, dando fama e renome aos brancos aromáticos, afrutados e xoves caldos do val do Salnés. Así, albariño e Meaño son conceptos que están unidos, non en van aquí formouse a "Agrupación de Cosecheros del Salnés".

Turismo

Meaño permite disfrutar da tranquilidade e o descanso a poucos quilómetros dos restantes concellos da bisbarra. Cara ao interior atopamos os concellos de Ribadumia e Meis, onde se sitúa o campo de golf e o Mosteiro da Armenteira.

Seguindo a costa da Ría de Arousa cara ao Norte podemos visitar Cambados, magnífica mostra da arquitectura señorial galega, Vilanova, A Illa e Vilagarcía.

Cara ao Sur, na Ría de Pontevedra, o concello de Sanxenxo reúne un gran número de arenais a poucos minutos de Meaño. Entrambas rías, a través do istmo da Lanzada, entramos no concello do Grove, co monte Siradella, San Vicente do Mar e a Illa da Toxa.

A parroquia máis turística é Dena. É tamén a máis importante do concello de Meaño, pois ela soa ten máis habitantes que as outras seis parroquias xuntas. Conta cunha boa e desenvolvida industria e boa conectividade para o resto das parroquias limítrofes. Tamén é a única parroquia do concello que dá ao mar, e dálle nome á entrada de auga que fai a desembocadura do río da Chanca, diante da illa da Toxa, entrada que se coñece co nome de Ría de Dena; esta pecualiaridade fai a Dena moi distinta do resto do concello, onde normalmente a economía está concentrada na agricultura. Dena xa tiña, en tempos antigos, outra forma de sustentación dos seus poboadores, con telleiras, serradoiros, fábricas de ladrillos e outras actividades, como a pesca, o marisqueo, etc. Hoxe, Dena vive moito do turismo pero a súa principal actividade é sen dúbida a industria de materiais de construción e unha imparábel oferta inmobiliaria

Patrimonio histórico e artístico

  • Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Cobas.
  • Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Dena
  • Igrexa Parroquial de San Miguel de Lores
  • Igrexa Parroquial de San Martiño de Padrenda
  • Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Xil

Patrimonio etnográfico

Itinerarios e rutas

  • Ruta dos muiños de auga de Meaño: unha das rotas máis características do Concello, e única na bisbarra.
  • Ruta monumental: ruta turística visitando os principais monumentos arquitectónicos: igrexas, capelas e pazos.
  • Ruta dos miradoiros: visitando o miradoiro de San Cibrán de Cobas, admirando as paisaxes desde o Chan de Lores, desde Monte Castrove e desde Fonte Fría.
  • Ruta dos muiños: Meaño conta cunha gran cantidade de muiños de auga, algúns restaurados. Esta ruta propón un percorrido por gran parte destos muiños, disfrutando das paisaxes naturais que os arrodean. É unha ruta de sendeirismo.
  • Ruta do Viño: ruta pola bisbarra do Salnés, visitando cada un dos municipios que o conforman. En todos eles poderemos degustar magnífico viño da denominación de orixe Albariño.
  • Ruta marítima do Apóstolo: ruta polos municipios da Ría de Arousa ata chegar a Santiago.

Calendario de festas e romarías

  • Santo Amaro (Meaño): 15 de xaneiro
  • Romería de San Brais (Simes): 3 de febreiro
  • San Bieito (Lores): 21 de marzo e 11 de xullo
  • San Bieito de Palermo (Cobas): Martes de Pascua
  • Santo Isidro Labrador (Meaño): 15 de maio
  • San Juan (Meaño): 24 de xuño
  • Santa Cristina (Cobas), 24 de xullo
  • Santa María (Simes): 15 de agosto
  • Nosa Señora dos Milagres (Meaño): 2º domingo de setembro
  • Nosa Señora das Angustias (Xil): 3º domingo de setembro
  • San Martiño (Padrenda): 11 de novembro
  • Santa Eulalia (Xil): 10 de decembro
  • Santa Lucía (Dena): 13 de decembro
  • Santa Eulalia (Dena): 14 de decembro

Eventos populares

  • Festival de Bandas de Música (Meaño): último domingo de abril
  • Carrera Popular (Meaño): 2º domingo de setembro
  • Carrera de camas sobre rodas (Meaño): 2º domingo de setembro
  • Festival de Baile Rexional (Meaño): 2º domingo de setembro

Lugares de Meaño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meaño vexa: Lugares de Meaño.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Meaño.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meaño

Covas (Santa Cristina) | Dena (Santa Eulalia) | Lores (San Miguel) | Meaño (San Xoán) | Padrenda (San Martiño) | Simes (Santa María) | Xil (Santa Eulalia)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Meaño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google