Emilio Viqueira: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: es:Emilio Viqueira |
|||
Liña 94: | Liña 94: | ||
[[ca:Emilio José Viqueira]] |
[[ca:Emilio José Viqueira]] |
||
[[en:Emilio José Viqueira]] |
[[en:Emilio José Viqueira]] |
||
[[es:Emilio |
[[es:Emilio Viqueira]] |
Revisión como estaba o 24 de xuño de 2009 ás 12:33
Emilio José Viqueira Moure, nado o 20 de setembro de 1974 en Santiago de Compostela, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu clube actual é o CD Xerez da Segunda División de España.
Biografía
Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, que estivo no mítico "Superdépor" e non tivo sitio, co cal tivo que buscarse a vida en Segunda División. Chega ao Xerez CD, club no que non brilla, e márchase ao Recreativo de Huelva de Primeira División.
Xa ao ano seguinte, a tempada 2003/04 e á 2004/05 o xogador continua no Recre, sendo un fixo da titularidade, ademais dun novo ídolo da afección, o xa coñecido da tempada anterior como o "Mago" Viqueira, especialmente polos seus lanzamentos de faltas.
A tempada 2005/06, outra gran tempada para o decano, termina nun ascenso a Primeira División, en primeira posición e cun equipo ben labrado, non como os outros dous que ascenderon en anteriores ocasións. Ademais hai experiencia adquirida xa, a xunta directiva e a presidencia é a mesma e comezan a levarse a cabo fichaxes e renovacións con bastante seriedade.
A tempada 2006/07 Viqueira é un dos alicerces do Recreativo de Huelva revelación do campionato.
Finalmente termina a tempada (e o seu contrato) e formaliza o seu traspaso polo Levante UD. A mala situación económica e deportiva do club lévalle a buscar unha salida no mercado de inverno e regresa como cedido ao CD Xerez.
Persoal
Mentres xogaba no Levante UD tivo un accidente de tráfico regresando duns días de descanso por Despeñaperros, do que saíu ileso, xunto a toda a súa familia.
Traxectoria
Palmarés
- Subcampión del Trofeo Colombino 2002 co Recreativo de Huelva.
- Subcampión de la Copa do Rei 2003 co Recreativo de Huelva.
- Campión do Trofeo Colombino 2003 co Recreativo de Huelva.
- Campión do Trofeo Colombino 2004 co Recreativo de Huelva.
- Subcampión do Trofeo Colombino 2005 co Recreativo de Huelva.
- Campión de Segunda División de la Temporada 2005/06 co Recreativo de Huelva.
- Subcampión do Trofeo Colombino 2006 co Recreativo de Huelva.
Éxitos personais e outros méritos
- Xogador da Selección Galega de fútbol dende 2005.
- Formou parte do primeiro conxunto do decano que acadou a permanencia en Primeira División rematando oitavo.
- Foi capitán na súa etapa no Real Club Recreativo de Huelva.