Triforio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: he:טריפוריום
Liña 16: Liña 16:
[[fi:Triforium]]
[[fi:Triforium]]
[[fr:Triforium]]
[[fr:Triforium]]
[[he:טריפוריום]]
[[it:Triforio]]
[[it:Triforio]]
[[nl:Triforium]]
[[nl:Triforium]]

Revisión como estaba o 20 de xuño de 2009 ás 10:51

Triforio da Catedral de Santiago

O triforio é un elemento arquitectónico situado nas naves centrais, xusto encima das arcadas que dan ás naves laterais. Consiste nunha liña de fiestras, normalmente xeminadas, abertas no groso dos muros.

Non debe confundirse coa tribuna, que é un corredor cuxa anchura coincide coa da nave lateral sobre a que está construída. Cando coinciden tribuna e triforio, aquela constitúe o segundo piso, sendo o triforio o terceiro.

Nas catedrais situadas en rutas de peregrinación como o Camiño de Santiago, adoitaban ter a función de ser os lugares onde albergar aos peregrinos.