Partido Comunista dos Traballadores Portugueses: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BOTarate (conversa | contribucións)
Liña 24: Liña 24:


===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
* [http://www.pctpmrpp.org Página do PCTP/MRPP]
* [http://www.pctpmrpp.org Páxina do PCTP/MRPP]
* [http://www.pctpmrpp.org/luta_popular Luta Popular]
* [http://www.pctpmrpp.org/index.php?option=com_content&task=section&id=5&Itemid=30 ''Luta Popular'']
* [http://www.pctpmrpp.org/forum Fórum de discusión do PCTP/MRPP]
* [http://www.pctpmrpp.org/forum Fórum de discusión do PCTP/MRPP]



Revisión como estaba o 19 de xuño de 2009 ás 08:58

O Partido Comunista dos Traballadores Portugueses / Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado (abreviado PCTP/MRPP) é un partido político de Portugal, de inspiración maoísta. Fundado en 26 de Decembro de 1976 a partir do MRPP, que por súa vez foi fundado en 18 de setembro de 1970, tivo como Secretario Xeral Arnaldo Matos. O seu órgano central é o "Luta Popular", cuxa primeira edición foi lanzada en 1971 (aínda no tempo do MRPP). O MRPP foi un partido moito activo antes do 25 de abril de 1974, especialmente entre estudantes e xoves operarios de Lisboa. O MRPP - tal como o PCTP - gañou fama con as súas grandes e vistosas pinturas murais. Continuou unha grande actividade durante os anos de 1974 e 1975. Nesa altura tiña nas súas fileiras membros que máis tarde viñeron a ter grande relevo na política portuguesa, como José Manuel Durão Barroso e Fernando Rosas, entretanto expulsos.

Logo a seguir ao 25 de Abril, o MRPP foi acusado polo Partido Comunista Portugués, que sempre foi o seu maior inimigo, de ser subsidiado pela CIA. Unha crenza baseada, en parte, na cooperación entre o MRPP e o Partido Socialista, durante o chamado Verán quente.

A partir de 26 de decembro de 1976, o MRPP, após Congreso, pasou a designarse PCTP/MRPP. O seu líder histórico é Arnaldo Matos. O primeiro director do "Luta Popular", na fase legal, foi Saldanha Sanches. O actual líder é Luís Franco. O membro máis coñecido do Comité Central é António Garcia Pereira.

Algúns antigos militantes

Vexan tamén

Outros artigos

Ligazóns externas