Lobeto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 55: Liña 55:
==Biografía==
==Biografía==


{{spoiler}}
Inicialmente, Lobeto foi presentado coma un superheroe e un axente do gobreno canadiense que loitaba contra [[Hulk]] e [[Wendigo]] para deter a destrucción que estaban causando ó enfrontarse entre eles. Ca súa velocidade e axilidade demostrou ser un rival digno de ambos superhumanos e foi capaz de loitar cas dúas criaturas.


===Xuventude===
O [[Profesor X]] ofreceulle unirse ós seus novos [[X-Men]], así que dimitiu do seu posto en Canadá, desatendendo as obxecións dos seus superiores. Durante o seguinte ano, revelouse que Logan era un mutante que pasara por unha operación na que cubriron de [[adamantium]] todo o seu esqueleto. Misantrópico e solitario, enfrontouse a miúdo ó líder dos X-Men, [[Cyclops|Cíclope]]. Con tendencia a sufrir ataques de rabia entolecida en combate, aprendeu lentamente a controlalos seus instintos ferais. A pesares do seu temperamento, é a miuo describido coma un poeta guerreiro cun will de ferro.


===Primeiras aparicións===
Varios escritores imaxinaron e revisaron o seu misterioso pasado. Revelouse que formaba parte dun proxecto chamado ''Weapon X'' (Arma X), e que foi nestre proxecto onde o dotaron do seu esqueleto de adamantium. Tras fuxir de Arma X foi atopado nas montañas canadienses por [[James Hudson|James]] e [[Heather Hudson]], xunto os que se uniría ó recén creado grupo de superheroes canadienses [[Alpha Flight]]. Logan debía convertirse no lider deste grupo, pero a súa marca ós X-Men fixo que James Hudson adoptase a identidade de [[Guardian|Gardián]]) e liderase o grupo. En varias ocasións Lobeto viuse atacado polos seus amigos de Alpha Flight que tiñan ordes de levalo de volta a Canadá. Tras varios intentos de captura o goberno canadiense desistiu no seu empeño e Lobeto retomou a súa amizade cos membros de Alpha Flight, a pesar de continuar sendo membro dos X-Men.
Inicialmente, Lobeto foi presentado coma un superheroe e un axente do goberno canadiense que loitaba contra [[Hulk]] e [[Wendigo]] para deter a destrucción que estaban causando ó enfrontarse entre eles. Ca súa velocidade e axilidade demostrou ser un rival digno de ambos superhumanos e foi capaz de loitar cas dúas criaturas.

O [[Profesor X]] ofreceulle unirse ós seus novos [[X-Men]], así que dimitiu do seu posto en [[Canadá]], desatendendo as obxecións dos seus superiores. Durante o seguinte ano, revelouse que Logan era un mutante que pasara por unha operación na que cubriron de [[adamantium]] todo o seu esqueleto. Misantrópo e solitario, enfrontouse a miúdo ó líder dos X-Men, [[Cyclops|Cíclope]]. Con tendencia a sufrir ataques de rabia entolecida en combate, aprendeu lentamente a controlalos seus instintos ferais. A pesares do seu temperamento, é a miuo describido coma un poeta guerreiro cunha vontade de ferro.

Varios escritores imaxinaron e revisaron o seu misterioso pasado. Revelouse que xunto a [[Nick Furia]], o [[Capitán América]] e a [[Black Widow|Viuda Negra]] loitou contra os [[Nazis]] en [[Madripoor]] durante a [[II Guerra Mundial]] e tras iso alistouse no exército canadiense e participou no [[Día-D]] e na liberación dos [[Países Baixos]]. É posible que tamén actuase como espía para os [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]] e que fose capturado e feito prisioneiro no [[campo de concentración]] de [[Sobibor]]. Durante a década dos 60, formou parte do Team-X, un equipo encuberto do goberno, xunto a [[Sabretooth|Dentes de Sabre]], [[Maverick]], [[Kestrel]], [[Mastodon|Mastodonte]] e [[Silver Fox]]. A tódolos membros do equipo lles foron imprantados falsos recordos para garantizala súa fidelidade, e creouse o [[Proxecto Shiva]] para evitar que abandoasen o equipo. Logan tiña fortes recordos sobre o seu amor por Silver Fox e a súa vida con ela nunha cabana das montañas canadienses antes de ser recrutados polo Team-X, pero as dúbidas sobre se eses recordos eran reais ou non atormentaríano durante moito tempo. Aperentemente o Team-X foi disolto tras unha chapuceira misión relacionada con [[Omega Red]].

O que se sabe seguro sobre o se u pasado é que foi capturado para formae parte dun proxecto chamado ''Weapon X'' (Arma X), e que foi neste proxecto onde o dotaron do seu esqueleto de adamantium. Tras fuxir de Arma X foi atopado nas montañas canadienses por [[James Hudson|James]] e [[Heather Hudson]], xunto os que se uniría ó recén creado grupo de superheroes canadienses [[Alpha Flight]]. Logan debía converterse no lider deste grupo, pero a súa marca ós X-Men fixo que James Hudson adoptase a identidade de [[Vindicator|Vindicador]] (máis tarde [[Guardian|Gardián]]) e liderase o grupo. En varias ocasións Lobeto viuse atacado polos seus amigos de Alpha Flight que tiñan ordes de levalo de volta a Canadá. Tras varios intentos de captura o goberno canadiense desistiu no seu empeño e Lobeto retomou a súa amizade cos membros de Alpha Flight, a pesar de continuar sendo membro dos X-Men.


[[Category:Obras de cómic]]
[[Category:Obras de cómic]]

Revisión como estaba o 17 de marzo de 2006 ás 20:54

Modelo:Caixasuperheroes

Wolverine (en Galiza Lobeto, en España Lobezno, en Hispanoamérica Guepardo ou Wolverine) é un superheroe de banda deseñada membro dos X-Men. Recibe o seu nome do Glotón (Gulo gulo), un Mustélido moi agresivo que habita nas taigas e tundras euroasiáticas e norteamericanas. Creado por John Romita, Sr. e Len Wein para Marvel Comics, apareceu por primeira vez no The Incredible Hulk #180 (só na última viñeta) e no The Incredible Hulk #181 (en profundidade) (ambos de 1974). Posibelmente é o segundo personaxe máis popular de Marvel despois de Spider-Man.

Mutante, Lobeto cúrase rápidamente, posúe sentidos e reflexos semellantes ós dos animais e tres garras retráctiles duns 30 cm en cada brazo. Todo o seu esqueleto está cuberto por unha aleación virtualmente irrompíbel chamada adamantium.

A súa fereza natural axudou a forxar o estereotipo do anti-heroe do comic. A súa predisposición a empregala forza mortal, os seus esforzos por reconciliarse co seu cuestionábel pasado e os seus angustiosos conflictos internos convertíronse nun estándar para os anti-heroes. É un mestre da loita que non dubida en empregar técnicas mortais en ningún momento.

Lobeto foi creado por Len Wein e John Romita Sr., con algunhas influencias de Herb Trimpe. A súa personalidade foi ampliamente desenvolvida polo célebre duo creativo formado por Chris Claremont e John Byrne, popularmente coñecidos polo seu traballo nos X-Men. Frank Miller, coñecido principalmente pola súa revitalizazón de Daredevil e pola redefinición de Batman, merece tamén credito por establecer importantes matices na serie limitada que co-guionizou xunto a Claremont na que Lobeto pasou de ser un asasino psicópata sen escrúpulos a ser un home atormentado que errou no seu intento de convertirse nun bo samurai ademáis de establecer a famosa frase "I'm the best there is at what I do, but what I do best isn't very nice" (Son o mellor no que fago, pero o que fago mellor non é moi agradábel).

Logan uniuse ós X-Men en 1975, na chamada Segunda Xénese (Giant Size X-Men #1), e obtivo a súa propia serie (que se continúa publicando hoxe en día) en 1988. Foi un personaxe principal nas series animadas e filmes adicados ós X-Men.

Actualmente, Lobeto é un protagonista activo nas tres principais series mutantes (Uncanny X-Men, X-Men e Astonishing X-Men). En 2005 pasou a formar parte dos Novos Vingadores.

Evolución das súas publicacións

Ficheiro:Hulk181.jpg
Portada do The Incredible Hulk #181, primeira aparación completa de Lobeto. Por Herb Trimpe.

Lobeto apareceu por primeira vez na última viñeta (oculto nas tebras) do The Incredible Hulk #180 (outubro de 1974), un episodio guionizado por Len Wein e debuxado por Herb Trimpe. A súa presentación completa produciuse no seguinte episodio, o #181 (novembro de 1974), no que levaba un disfraz deseñado por John Romita, Sr.: spandex amarelo e azul, bigotes felinos nunha máscara que lle cubría case toda a cara e ostentando garras de metal duns 30 cm. A súa presentación produciu unha impresión ambigua, revelando simplemente que era un axente de goberno canadiense con poderes superhumanos. As características básicas do personaxe aínda non estaban establecidas.

A súa seguinte aparición foi no Giant-Size X-Men #1 (marzo de 1975), no que se uniu ós X-Men. Guionizado por Wein e debuxado por Dave Cockrum (que alterou a máscara eliminando os bigotes), o episodio tentaba revitalizar unha colección (The X-Men) na que só se publicaban reedicións dende o número #67 (outubro de 1970). Conseguiuse o seu obxectivo e a serie comezou a publicar historias do novo grupo dende o número #94 (agosto de 1975), debuxado por Cockrum e guionizado por Chris Claremont. Lobeto viuse inicialmente eclipsado polos demais personaxes (os lectores odiábano porque era un psicópata), e Claremont incluso considerou desfacerse del.

Ficheiro:396px-Uncanny133.jpg
Portada do Uncanny X-Men #133. Por John Byrne.

A sustitución de Cockrum por John Byrne conlevou unha maior importancia de Lobeto dentro da serie. Sendo el mesmo canadiense, Byrne non estaba de acordo ca idea de desfacerse do "vello canadiense". Unha das súas ideas foi crear Alpha Flight, un grupo de superheroes canadienses, que tentaron capturar a Logan debido á grande suma que o goberno canadiense invertiu en adestralo. O lóbrego pasado de Lobeto foi gradualmente establecido. Logan viuse enfrontado en numerosas ocasións a Cíclope polo interés de ambos en Jean Grey (moza de Cíclope). Byrne deseñou un novo traxe marrón e amarelo tostado para Lobeto, mantendo a distintiva máscara deseñada por Cockrum. O novo aspecto funcionou e os lectores comezaron a interesarse pola personaxe.

Trala partida de Byrne, Claremont fíxose novamente cargo dos guións da serie, que agora se chamaba Uncanny X-Men (~ Os Sobrenaturais Homes-X). Neste punto Logan estábase convertindo nunha personaxe moi popular e por iso entre setembro e decembro de 1982 apareceu, da man de Claremont e Frank Miller, a súa propia mini-serie de 4 números (coñecida coma Wolverine Vol 1 para diferenciala da serie regular que apareceu anos despois). A mini-serie tivo coma punto de partida as páxinas de Uncanny X-Men: Os X-Men viaxaron a Xapón e atoparon a cidade de Tokio completamente vacía. Lobeto colleu un periódico local e informou ós demais de que evacuaran a tódolos cidadáns debido a un terremoto. Cíclope díxolle que non sabía que falase xaponés e Logan respondeulle "Nunca o preguntaches". Claremont e Miller empregaron este pequeno gag coma excusa para transformar a Logan nun samurai que fracasara no seu intento de seguilo camiño do guerreiro, convertendo a Logan, a partir de entón e ata os nosos días, nun loitador cun férreo sentido do honor.

Anos despois (entre novembro de 1984 e abril de 1985) Lobeto apareceu noutra mini-serie (de 6 números esta vez) guionizada por Claremont e debuxada por Al Milgrom chamada Kitty Pryde and Wolverine, na que o mestre de Logan, Ogun, secuestraba á xove Kitty, coñecida coma Shadowcat (Gatasombra), para adestrala e convertila nunha asasina.

Lobeto conseguiu finalmente a súa propia serie regular (Wolverine Vol 2) en novembro de 1988, novamente con guións de Claremont acompañado polos lápices de John Buscema. A serie durou ata o número #189 (abril de 2003), momento no que Joe Quesada (Editor Xefe de Marvel dende o ano 2000) decidiu que as series longas (excepto as clásicas Uncanny X-Men, Fantastic Four e The Avengers) debían comezar nun novo número #1 para atraer novo público. Así en maio de 2003 publicouse o #1 de Wolverine Vol 3 do que actualmente xa se levan publicados uns 40 números.

Ademáis de aparecer na súa propia serie e, puntualmente, en multitude de series do Universo Marvel, Lobeto protagonizou numerosas historias. As máis destacadas serían:

En xaneiro de 2006 anunciouse a próxima publicación dunha segunda serie adicada a Lobeto, Wolverine: Origins.

Biografía

Xuventude

Primeiras aparicións

Inicialmente, Lobeto foi presentado coma un superheroe e un axente do goberno canadiense que loitaba contra Hulk e Wendigo para deter a destrucción que estaban causando ó enfrontarse entre eles. Ca súa velocidade e axilidade demostrou ser un rival digno de ambos superhumanos e foi capaz de loitar cas dúas criaturas.

O Profesor X ofreceulle unirse ós seus novos X-Men, así que dimitiu do seu posto en Canadá, desatendendo as obxecións dos seus superiores. Durante o seguinte ano, revelouse que Logan era un mutante que pasara por unha operación na que cubriron de adamantium todo o seu esqueleto. Misantrópo e solitario, enfrontouse a miúdo ó líder dos X-Men, Cíclope. Con tendencia a sufrir ataques de rabia entolecida en combate, aprendeu lentamente a controlalos seus instintos ferais. A pesares do seu temperamento, é a miuo describido coma un poeta guerreiro cunha vontade de ferro.

Varios escritores imaxinaron e revisaron o seu misterioso pasado. Revelouse que xunto a Nick Furia, o Capitán América e a Viuda Negra loitou contra os Nazis en Madripoor durante a II Guerra Mundial e tras iso alistouse no exército canadiense e participou no Día-D e na liberación dos Países Baixos. É posible que tamén actuase como espía para os aliados e que fose capturado e feito prisioneiro no campo de concentración de Sobibor. Durante a década dos 60, formou parte do Team-X, un equipo encuberto do goberno, xunto a Dentes de Sabre, Maverick, Kestrel, Mastodonte e Silver Fox. A tódolos membros do equipo lles foron imprantados falsos recordos para garantizala súa fidelidade, e creouse o Proxecto Shiva para evitar que abandoasen o equipo. Logan tiña fortes recordos sobre o seu amor por Silver Fox e a súa vida con ela nunha cabana das montañas canadienses antes de ser recrutados polo Team-X, pero as dúbidas sobre se eses recordos eran reais ou non atormentaríano durante moito tempo. Aperentemente o Team-X foi disolto tras unha chapuceira misión relacionada con Omega Red.

O que se sabe seguro sobre o se u pasado é que foi capturado para formae parte dun proxecto chamado Weapon X (Arma X), e que foi neste proxecto onde o dotaron do seu esqueleto de adamantium. Tras fuxir de Arma X foi atopado nas montañas canadienses por James e Heather Hudson, xunto os que se uniría ó recén creado grupo de superheroes canadienses Alpha Flight. Logan debía converterse no lider deste grupo, pero a súa marca ós X-Men fixo que James Hudson adoptase a identidade de Vindicador (máis tarde Gardián) e liderase o grupo. En varias ocasións Lobeto viuse atacado polos seus amigos de Alpha Flight que tiñan ordes de levalo de volta a Canadá. Tras varios intentos de captura o goberno canadiense desistiu no seu empeño e Lobeto retomou a súa amizade cos membros de Alpha Flight, a pesar de continuar sendo membro dos X-Men.