Ditongo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: li:Diftong
m bot Engadido: an:Diftongo
Liña 42: Liña 42:
[[af:Diftong]]
[[af:Diftong]]
[[als:Diphthong]]
[[als:Diphthong]]
[[an:Diftongo]]
[[br:Diftongenn]]
[[br:Diftongenn]]
[[ca:Diftong]]
[[ca:Diftong]]

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2009 ás 11:30

Fálase de ditongo cando dúas vogais contiguas forman parte dunha mesma sílaba. En galego hai dous tipos de ditongos, aqueles que están formados por dúas vogais fracas ("i" e "u") e os que están formados por unha vogal forte e unha fraca, sen importar a orde.

O ditongo é o fenómeno contrario ao hiato. En caso de seren tres as vogais inseridas nunha sílaba emprégase o termo tritongo.

Para marcar a presenza dun hiato (ausencia de ditongo) emprégase nunha sílaba tónica o acento acento ou a diérese1.

Tipos de ditongos

Dependendo da secuencia das vogais na sílaba, podemos falar de dous tipos de ditongos:

Ditongos crecentes

Formados por unha vogal fraca ou pechada ("u" ou "i") e outra forte ou de maior abertura ("a", "e", "o"). Neste caso os órganos articulatorios pasan dunha posición pechada a outra aberta.

Os ditongos decrecentes son, a diferencia dos crecentes, moi estables en galego. Poden aparecer en sílaba tónica ou átona: "ai" (caixa, embaixada), "ei" (queixa, queixada), "oi" (noite, aboiar), "au" (raudo, automóbil), "eu" (bateu), "ou" (mouro, ousar). De entre eles, "au" é o menos característico do galego e o menos frecuente en voces patrimoniais.

Nos ditongos dáse neutralización das vogais de abertura media da serie anterior nun arquifonema /E/, que normalmente se realiza como [e] pechado. As vogais de abertura media da serie posterior neutralízanse en /O/ que se realiza como [o] pechado.

O caso de "iu", e "ui" é problemático por poderen presentar realizacións diversas na fala. Consideramos habitual que conformen un ditongo decrecente sempre e cando actúe como vogal tónica a primeira: par-tiu (pero dialectal *par-tí-o), pui-den. En posición átona preséntasenos o problema de decidir cál das dúas vogais é o núcleo silábico. En puideron semella imposible caracterizar o núcleo silábico se non mantemos reminiscencias de puiden.

Ditongos decrecentes

Chámanse así porque os órganos articulatorios pasan dunha posición aberta a outra pechada. Están formados por unha semiconsoante [j] ou [w] (realizacións en posición non nuclear de /i/ e /u/) e por unha vogal. As posibilidades de combinación para formar ditongos crecentes existen practicamente todas, aínda que con distinta frecuencia e rendemento:

  • "ia" (cambiar), "ua" (cuarto).
  • "ie" (ambiente), "ue" (frecuente). Aparecen normalmente en posición tónica e só o fan en átona en palabras derivadas daquelas que os presentan como tónicos (ambiental, frecuentar).
  • "io" (cumio), "uo" (cuota). Danse en posición tónica e átona final.
  • "iu" e "ui", segundo a Gramática Galega de Álvarez, Regueira e Monteagudo, poden presentarse nesta posición moi raramente (a-cuí-fe-ro, lin-güis-ta). O xeral é que formen ditongos decrecentes. Se a vogal tónica é a segunda, hai hiato (mu-í-ño / pui-den), excepto nos dous casos anteriores (acuífero e lingüista). Se están en posición átona (muiñeiro) achámonos coa dificultade, sempre segundo a Gramática Galega, de saber cal é o núcleo vocálico. [Ó noso parecer a pronuncia correcta destas palabras sería mu-i-ñei-ro e non mui-ñei-ro (posibilidade que semella, segundo Álvarez e Regueira ser posible na fala)].

As vogais de abertura media son realizacións dun arquifonema que representa a ausencia de oposición medio-aberta / medio-pechada.

En galego existe unha resistencia á pronuncia dos ditongos crecentes e unha tendencia a desfacelos realizándoos como hiatos, é dicir, a vocal prenuclear pasa a ser nuclear da síulaba precedente e mesmo a facerse forte: cam-biar > cam-bi-ar > cam-be-ar.

Os ditongos crecentes que máis frecuentemente se manteñen son "ie" e "ue".


Nota 1: Emprégase a diérese para marcar un hiato (ruptura dun ditongo) na primeira e segunda persoas do plural do imperfecto de indicativo dos verbos rematados en "-aer", "-oer", "-aír", "-oír", e "-uír": moïamos, moïades. Os exemplos anteriores teñen catro sílabas e contrastan na pronuncia e na escrita (grazas a que a diérese ten función diacrítica) co presente de subxuntivo dos mesmos verbos (moiamos, moiades) que teñen tres sílabas.

Modelo:Link FA