Diferenzas entre revisións de «Gabino Bugallal»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
engado imaxe
m (Bot: Cambiada Categoría:Ministros españois)
(engado imaxe)
[[Ficheiro:Ponteareas 01-05b.jpg|thumb|250px|Gabino Bugallal (Ponteareas)]]
'''Gabino Bugallal Araújo''' ([[Ponteareas]], [[1861]] - [[París]], [[1932]]) foi un avogado e político galego.
 
Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], especialmente relacionado co grupo de [[Raimundo Fernández Villaverde]]. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de [[1903]], desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de [[Eduardo Dato]] de [[1912]] (27 de outubro ao 31 de decembro), e de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de [[1920]], no Goberno de [[Joaquín Sánchez de Toca Calov|Sánchez Toca]].
 
Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de [[1920]], e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a [[Martínez Anido]] gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.
58.660

edicións

Menú de navegación