Público (España): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 6: Liña 6:


==Persoal==
==Persoal==
O xornal estivo nun principio dirixido por [[Ignacio Escolar]], sendo o subdirector [[Jesús Maraña]] e o director xeral [[Juan Pedro Valentín]]. En 2009 Escolar foi subsituído na dirección polo galego Félix Monteira]], aínda que o primeiro segue a traballar para o xornal, onde mantén unha columna de opinión e mais unha ligazón directa ao seu blog.
O xornal estivo nun principio dirixido por [[Ignacio Escolar]], sendo o subdirector [[Jesús Maraña]] e o director xeral [[Juan Pedro Valentín]]. En 2009 Escolar foi subsituído na dirección polo galego [[Félix Monteira]], aínda que o primeiro segue a traballar para o xornal, onde mantén unha columna de opinión e mais unha ligazón directa ao seu blog.


Os seus redactores xefes son [[Manuel Rico]] en Nacional, [[Íñigo Sáenz de Ugarte]] en Internacional, [[Amparo Estrada]] en [[Economía]], [[Patricia Fernández de Lis]] en [[Ciencia]], [[Nacho Rojo]] en [[Internet]], [[Peio Hernández Riaño]] en [[Culturas]] e José Miguélez en [[Deportes]].
Os seus redactores xefes son [[Manuel Rico]] en Nacional, [[Íñigo Sáenz de Ugarte]] en Internacional, [[Amparo Estrada]] en [[Economía]], [[Patricia Fernández de Lis]] en [[Ciencia]], [[Nacho Rojo]] en [[Internet]], [[Peio Hernández Riaño]] en [[Culturas]] e José Miguélez en [[Deportes]].

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2009 ás 17:42

Público é un xornal de pago de España, editado en castelán e pertencente ó grupo Mediapro, presidido por Jaume Roures. O diario ten a súa sede en Madrid e é de ámbito nacional. O xornal viu a luz por primeira vez o 26 de setembro de 2007. O seu prezo de venda é de 0.50 euros de luns a xoves e de 1 euro os venres, sábados e domingos.

O seu logotipo é o nome completo do xornal tipografiado en cor vermella acompañado á súa dereita da reprodución dunha acuarela de Miquel Barceló realizada para o xornal, que contén aparte de público a pé tamén unha bicicleta pública.

A orientación ideolóxica do diario encádrase dentro da esquerda e márcase como obxectivos o contribuír, a través da información e da opinión, a unha sociedade máis xusta, aberta, equitativa, solidaria e libre.

Persoal

O xornal estivo nun principio dirixido por Ignacio Escolar, sendo o subdirector Jesús Maraña e o director xeral Juan Pedro Valentín. En 2009 Escolar foi subsituído na dirección polo galego Félix Monteira, aínda que o primeiro segue a traballar para o xornal, onde mantén unha columna de opinión e mais unha ligazón directa ao seu blog.

Os seus redactores xefes son Manuel Rico en Nacional, Íñigo Sáenz de Ugarte en Internacional, Amparo Estrada en Economía, Patricia Fernández de Lis en Ciencia, Nacho Rojo en Internet, Peio Hernández Riaño en Culturas e José Miguélez en Deportes.

A sección de Opinión conta con columnistas provenientes tanto do xornalismo como é o caso de Javier Ortiz, Manuel Saco ou Enrique Meneses, como do mundo da cultura como Rafael Reig, Espido Freire, Camilo José Cela Conde, José Antonio Labordeta ou o Gran Wyoming.

Os viñetistas que colaboran no xornal son Mauro Entrialgo, Santi Orúe, Manel Fontdevila, Pepe Medina e Bernardo Vergara, todos eles colaboradores tamén da revista de humor El jueves.