Filipe IV de Francia: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ms:Philip IV dari Perancis |
m imaxe procedente de Commons vía 'Images for biographies' |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Philippe IV Le Bel.jpg|thumb|right|Filipe IV de Francia]] |
|||
'''Filipe IV de Francia''', coñecido como ''Filipe o Fermoso'', naceu en [[1268]], e morreu o [[29 de novembro]] de [[1314]] en [[Fontainebleau]]; foi rei de [[Francia]] de [[1285]] a [[1314]], o décimo primeiro da dinastía dos chamados "capetos directos". |
'''Filipe IV de Francia''', coñecido como ''Filipe o Fermoso'', naceu en [[1268]], e morreu o [[29 de novembro]] de [[1314]] en [[Fontainebleau]]; foi rei de [[Francia]] de [[1285]] a [[1314]], o décimo primeiro da dinastía dos chamados "capetos directos". |
||
Revisión como estaba o 11 de xuño de 2009 ás 18:13
Filipe IV de Francia, coñecido como Filipe o Fermoso, naceu en 1268, e morreu o 29 de novembro de 1314 en Fontainebleau; foi rei de Francia de 1285 a 1314, o décimo primeiro da dinastía dos chamados "capetos directos".
Era fillo de Filipe III de Francia (1245-1285), rei de Francia, e da súa primeira esposa Isabelle de Aragón (1247-1271).
O 14 de agosto de 1284, casou con Jeanne I de Navarra, (raíña de Navarra de 1274 a 1305) e levou por iso el mesmo o título de rei de Navarra (Filipe I) de 1284 a 1305.
Desta unión son froito sete fillos:
- Margarida de Francia (1288-1312)
- Luís X de Francia (1289-1316), rei de Navarra e de Francia
- Branca de Francia (1290-1294)
- Isabel de Francia (1292-1358), raíña de Inglaterra.
- Filipe V de Francia (1293-1322), rei de Francia
- Carlos IV de Francia (1295-1328), rei de Francia
- Roberto de Francia (1297-1308)
Para sanear as finanzas do reino e que os seus cabaleiros puidesen ofrecerse as sonadas esporas de ouro da batalla de Courtrai, atacou ós que tiñan cartos, incluíndo os relixiosos tales como a Igrexa católica, os xudeus e os templarios.
Planeou o atentado de Agnani e instalou a Clemente V como papa, facéndoo residir en Aviñón, no sur de Francia.
O 13 de outubro de 1307, os Templarios foron encarcerados e torturados despois para admitir a herexía na súa orde. O gran mestre, Jacques de Molay morreu na fogueira, en París en 1314.
Filipe morreu nun accidente de caza.
Foi inhumado na basílica de Saint-Denis. A súa sepultura, como a dos outros príncipes e dignatarios que están neste lugar, foi profanada polos revolucionarios en 1793.