Linguas malaio-polinesias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "As '''linguas malaio-polinesias''' son un subgrupo de linguas da familia austronesia. Este subgrupo esténdese polas illas do sueste asiático e o […"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de xuño de 2009 ás 16:43

As linguas malaio-polinesias son un subgrupo de linguas da familia austronesia. Este subgrupo esténdese polas illas do sueste asiático e o Pacífico (Polinesia), con algúns exemplos na Asia continental, e sendo un membro illado o malgaxe (Madagascar).

Principais ramos das linguas malaio-polinesias.      Borneo-Filipinas (non aparece o yami ao sueste de Taiwán)     Sonda-Célebes (non aparece o chamorro ao nordeste de Yap)     Malaio-Polinesio Central      Halmahera-Geelvink Bay     Linguas oceánicas máis occidentais

As linguas malaio-polinesias tenden á reduplicación (repetición de todo ou parte dunha palabra) para expresar o plural, como por exemplo wiki-wiki, e teñen unha entropía baixa, é dicir, os textos son bastante repetitivos en canto á frecuencia dos sons. A maioría non posúe grupos de consonantes (como [str] ou [mpl]) e ten un número de vogais pequeno, sendo cinco o máis común.

O malaio-polinesio divídese en dous, nunha póla occidental ("hesperonesio") e outra centro-oriental: