Alotropía: Diferenzas entre revisións
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[categoría: +[[Categoría:) |
m bot Engadido: da:Allotropi |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
[[cs:Alotropie]] |
[[cs:Alotropie]] |
||
[[cy:Alotrop]] |
[[cy:Alotrop]] |
||
[[da:Allotropi]] |
|||
[[de:Allotropie]] |
[[de:Allotropie]] |
||
[[el:Αλλότροπα]] |
[[el:Αλλότροπα]] |
Revisión como estaba o 9 de xuño de 2009 ás 18:15
Alotropía (Química) é a propiedade que posúen determinados elementos químicos de presentarse baixo estructuras moleculares diferentes, coma o osíxeno, que pode presentarse como osíxeno atmosférico (O2) e como ozono (O3), ou con características físicas distintas, como o fósforo, que se presenta como fósforo vermello e fósforo blanco (P4), ou o carbono, que o fai como grafito, diamante e fulereno. Para que a un elemento se lle poida denominar como alótropo, as suas diferentes estructuras moleculares deben presentarse no mesmo estado físico.
A explicación das diferenzas que presentan nas suas propiedades atopáronse na disposición dos átomos de carbono no espazo. Por exemplo, nos cristais de diamante, cada átomo de carbono está unido a catro átomos de carbono veciños, adoptando unha ordeación en forma de tetraedro que lle confire unha particular dureza.
No grafito, os átomos de carbono están dispostos en capas superpostas e en cada capa ocupan os vértices de hexágonos regulares imaxinarios. Deste xeito, cada átomo está unido a tres da mesma capa con máis intensidade e a un da capa próxima en forma máis débil. Esto explica porqué o grafito é brando e untuoso ao tacto. A mina de grafito do lápis forma o trazo porque, ao desplazarse sobre o papel, adhírese a éste unha pequena capa de grafito.
O diamante e o grafito, por seren duas sustancias simples diferentes, sólidas, constituidas por átomos de carbono, reciben a denominación de variedades alotrópicas do elemento carbono.