Amchitka: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: es:Isla Amchitka
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: it:Amchitka
Liña 67: Liña 67:
[[he:אמצ'יטקה]]
[[he:אמצ'יטקה]]
[[hu:Amchitka]]
[[hu:Amchitka]]
[[it:Amchitka]]
[[ja:アムチトカ島]]
[[ja:アムチトカ島]]
[[nl:Amchitka]]
[[nl:Amchitka]]

Revisión como estaba o 9 de xuño de 2009 ás 15:18

Amchitka
Nicht vorhanden
Bandeira Escudo
Localización
Datos
Capital
País Estados Unidos
Linguas
Poboación (2007) Deshabitada
Superficie 195 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura
Localizacións das probas nucleares

Amchitka é unha illa volcánica nunha zona de inestabilidade tectónica. Forma parte do grupo de illas Rat no sistema formado polas illas Aleutianas no suroeste de Alasca. Ten unha lonxitude de 68 quilómetros e varía entre os 3 e os 6 quilómetros de anchura. Ten un clima oceánico, con moitas tormentas e con ceos xeralmente nubrados.

A illa estivo ocupada durante máis de 2.500 anos polos pobos aleut ou esquimal, pero non houbo unha poboación permanente desde 1832. Incluiuse na Compra de Alasca de 1867, e desde entón formou parte dos Estados Unidos. Durante a Segunda Guerra Mundial usouse como aeródromo para as forzas estadounidenses na batalla das Illas Aleutianas.

Amchitka foi elixida pola Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos para levar a cabo detonacións de armas nucleares baixo terra. levaron a cabo 3 probas deste tipo: Long Shot, que produciu unha explosión de 80 quilotóns en 1965, Milrow, que produciu unha explosión de 1 megatón en 1969 e Cannikin en 1971. Esta última explosión, de "menos de 5 megatones", é a maior explosión subterránea nuclear que se levou a cabo en chan estadounidense. As probas tiveron moitas críticas, xa que os grupos ecoloxistas tiñan medo de que a explosión Cannikin en particular puidese desencadear graves terremotos e tsunamis.

Desde entón, Amchitka non se usou máis para probas nucleares, aínda que está baixo vixilancia pola presenza de contaminación radioactiva.

Xeografía

Amchitka é a illa que se atopa máis ao sur do grupo das illas Rat na cadea Aleutiana, entre Modelo:Coor dm e Modelo:Coor dm. Está rodeada polo mar de Bering polo norte e o este, e polo océano Pacífico polo sur e o oeste.

A parte este de a illa trátase dunha meseta de baixa altura, con estanques illados e outeiros de pendentes moderadas. Hai unha baixa pero abundante vexetación, con brións, líquenes, fieitos, herbas e arbustos do xénero Empetrum. O centro da illa é montañoso, e o extremo oeste é unha terra estéril e a vexetación é escasa.

Amchitka ten un clima oceánico, e normalmente hai néboa e vento, con nubes cubrindo o ceo o 98% do tempo. Mentres que as temperaturas son moderadas grazas ao océano, as tormentas son frecuentes. Desde o punto de vista xeolóxico, a illa é volcánica, formando parte dun anaco do arco volcánico aleutiano que está escindíndose por subducción oblicua. É un das contornas tectónicos máis inestables dos Estados Unidos.

Modelo:Link FA