Linfocito T CD8+: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
ArthurBot (conversa | contribucións)
Liña 26: Liña 26:
[[Categoría:Inmunoloxía]]
[[Categoría:Inmunoloxía]]


[[ca:Limfòcit T citotòxic]]
[[cs:Cytotoxický T-lymfocyt]]
[[cs:Cytotoxický T-lymfocyt]]
[[de:Cytotoxische T-Zelle]]
[[de:Cytotoxische T-Zelle]]

Revisión como estaba o 6 de xuño de 2009 ás 01:35

O linfocito CD8+ ou citotóxico é unha das células pertencentes ao sistema inmunitario. Procede da diferenciación tímica dun linfocito T.

Diferenciación a linfocito T CD8+ ou citotóxico

Cando o linfocito T inmaduro (procedente da medula ósea), chega ao timo, comeza a primeira maduración. Así, nos primeiros estadíos, a célula T comeza a producir o receptor de células T, de maneira asimétrica. Primeiro a subunidade β e logo a α. A gran maioría de TCRs expresados son o tipo αβ. Máis tarde comezan a expresar os complexos proteicos CD4 e CD8. Aqueles que produzan complexo CD8 serán os linfocitos CD8+ ou citotóxicos. Rematada a primeira fase de maduración, abandonan o timo e diríxense aos ganglios linfáticos.

Receptores de linfocito T

Artigo principal: Receptor de células T

Trátase de receptores específicos de linfocitos T, chamados TCR (T-cell receptor en inglés). Estes receptores son complexos proteínicos que constan de varias subunidades. Recoñecen complexos de histocompatibilidade I no caso dos linfocitos T citotóxicos.

Funcións

A función primordial é a de inducir apoptose en células potencialmente tumorais e infectadas. Ten as posibilidades de:

  • Empregar o ligando FasL, uníndoo ao receptor Fas da célula diana
  • Introducir na célula diana granzimas e activar directamente á caspasa-3
  • Perforar a membrana da célula diana e destruíla pola entrada masiva de calcio nela

Regulación da actividade

O control destes linfocitos é múltiple:

  • En primeiro lugar, o control propio da maduración tímica, que suprime linfocitos T potencialmente perigosos
  • A súa activación depende:
    • Da unión do complexo maior de histocompatibilidade tipo I co TCR
    • Da activación vía interleucina-2 por parte dun linfocito Th2 ou dun macrófago