Wilhelm Meyer-Lübke: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: it:Wilhelm Meyer-Lübke
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Wilhelm Meyer-Lübke''' (ou '''Meyer-Luebke''') ([[Dübendorf]], [[Suíza]], [[1861]] - [[Bonn]], [[1936]]), lingüísta [[Neogramática|neogramático]] e [[romanista]] de orixe suíza.
'''Wilhelm Meyer-Lübke''' (ou '''Meyer-Luebke''') ([[Dübendorf]], [[Suíza]], [[1861]] - [[Bonn]], [[1936]]), lingüista [[Neogramática|neogramático]] e [[romanista]] de orixe suíza.


==Biografía==
==Biografía==
Discípulo do pai da Romanística científica, [[Friedrich Christian Diez|Friedrich Diez]]. Foi profesor das universidades de [[Jena]], [[Viena]] e [[Bonn]]. Seguíu a teoría de [[Gustav Gröber]], adaptando o [[mètodo comparatista]] da investigación das [[línguas indoeuropeas|indoeuropeo]] ás línguas románicas, no estudo das cales introducíu principios de sistematización.
Discípulo do pai da Romanística científica, [[Friedrich Christian Diez|Friedrich Diez]]. Foi profesor das universidades de [[Jena]], [[Viena]] e [[Bonn]]. Seguiu a teoría de [[Gustav Gröber]], adaptando o [[método comparatista]] da investigación das [[linguas indoeuropeas|indoeuropeo]] ás linguas románicas, no estudo das cales introduciu principios de sistematización.


== Criticismo sobre a actuación do substrato ==
== Criticismo sobre a actuación do substrato ==
Manteu un grande escepticismo cara a actuación do [[Substrato (lingüística)|substrato]] nas explicacións dos cambios fonéticos. Observou que non se sabía abondo das línguas prerromanas: ([[Língua osca|osco]] e [[umbro]] na Italia central e meridional; [[Galia|galo]], na Italia septentrional e na mesma [[Galia]]; [[ibero]], en Hispania); non se sabía nada con certeza da língua dos [[Sardeña|sardos]] e moi pouco da língua prerromana da [[Dacia]] ou do [[Véneto]]. Unha das influencias de substrato [[celta|céltico]] admitida naquela altura, era a mutación de [u] en [ü]. Esta mudanza obsérvse en francés, occitano, piamontés, lígur, lombardo, en parte dos dialectos da [[Emilia]], en [[romanche]] e [[retorománico]] [[engadinés]], ademais de en [[galés]], [[holandés]], os dialectos alemáns de [[Alsàcia]], de parte de Brisgobia e do [[Vallese]]. Todas estas zonas foran habitadas polos celtos, mais a coincidencia entre a [[isoglosa]] e a área celta é menos precisa do que semella. Mais aínda admitindo a identidade da isoglosa moderna con área antigamente ocupada polos celtas, habería que demostrar que a isoglosa é antiga e que a coincidencia remonta efectivamente á época na que os celtas aprenderan latín. Ademais demostrouse que o fenómeno en occitano é posterior á época medieval, e parece fenómeno tardío tamén noutras zonas periféricas da [[Galorromania]], desde [[Savoia]] até [[Normandía]].
Mantén un grande escepticismo cara a actuación do [[Substrato (lingüística)|substrato]] nas explicacións dos cambios fonéticos. Observou que non se sabía abondo das linguas prerromanas: ([[Lingua osca|osco]] e [[umbro]] na Italia central e meridional; [[Galia|galo]], na Italia setentrional e na mesma [[Galia]]; [[ibero]], en Hispania); non se sabía nada con certeza da língua dos [[Sardeña|sardos]] e moi pouco da lingua prerromana da [[Dacia]] ou do [[Véneto]]. Unha das influencias de substrato [[celta|céltico]] admitida naquela altura, era a mutación de [u] en [ü]. Esta mudanza obsérvase en francés, occitano, piemontés, lígur, lombardo, en parte dos dialectos da [[Emilia]], en [[romanche]] e [[retorománico]] [[engadinés]], ademais de en [[galés]], [[holandés]], os dialectos alemáns de [[Alsacia]], de parte de Brisgobia e do [[Vallese]]. Todas estas zonas foran habitadas polos celtas, mais a coincidencia entre a [[isoglosa]] e a área celta é menos precisa do que semella. Mais aínda admitindo a identidade da isoglosa moderna con área antigamente ocupada polos celtas, habería que demostrar que a isoglosa é antiga e que a coincidencia remonta efectivamente á época na que os celtas aprenderan latín. Ademais demostrouse que o fenómeno en occitano é posterior á época medieval, e parece fenómeno tardío tamén noutras zonas periféricas da [[Galorromania]], desde [[Savoia]] até [[Normandía]].
A área actual da mudanza u>ü é resultado dunha expansión efectuada a partir dun núcleo orixinario pequeno, e mesmo se estendeu até o [[língua vasca|vasco]] de [[Iparralde]].
A área actual da mudanza u>ü é resultado dunha expansión efectuada a partir dun núcleo orixinario pequeno, e mesmo se estendeu até o [[lingua vasca|vasco]] de [[Iparralde]].


De todos os fenòmenos atribuídos á influencia do substrato céltico, os que resultaban máis seguros para Meyer-Lübke eran o paso de -CT- a -it- e a nasalización das vogais. A influxo osco-umbro, Meyer-Lübke atribuía dous fenómenos seguros: a sonorización das [[oclusiva]]s xordas despois de [[nasal]], e máis a [[asimilación]] -ND- > -nn-. Na Península Ibérica estudou o cambio do F- inicial que non desparce diante do -r- nin diante do [[ditongo]] castelán '''ue''' procedent de O. En conclusión, Meyer-Lübke consideraba que antes de avanzar a hipòtese da influencia do substrato deberían de cumprirse tres operacións preliminares:
De todos os fenómenos atribuídos á influencia do substrato céltico, os que resultaban máis seguros para Meyer-Lübke eran o paso de -CT- a -it- e a nasalización das vogais. A influxo osco-umbro, Meyer-Lübke atribuía dous fenómenos seguros: a sonorización das [[oclusiva]]s xordas despois de [[nasal]], e máis a [[asimilación]] -ND- > -nn-. Na Península Ibérica estudou o cambio do F- inicial que non desaparece diante do -r- nin diante do [[ditongo]] castelán '''ue''' procedent de O. En conclusión, Meyer-Lübke consideraba que antes de avanzar a hipótese da influencia do substrato deberían de cumprirse tres operacións preliminares:


#Comprobar as condicións de vida real da poboación da zona onde aparece o fenómeno, ou ben das relacións exactas que mantiñan romanos e autòctonos;
#Comprobar as condicións de vida real da poboación da zona onde aparece o fenómeno, ou ben das relacións exactas que mantiñan romanos e autòctonos;
Liña 15: Liña 15:


=== A clasificación do catalán ===
=== A clasificación do catalán ===
Seguindo ao seu mestre [[Friedrich Diez]], en 1890 asignou á língua catalana o estatus de [[dialecto]] do occitano (denominado daquela ''provenzal'') na súa obra ''Grammatik der romanischen Sprachen'' (''Gramática das Línguas Románicas''), na que afirma: "Ao leste a transición se produce paulatinamente con o catalán no Rosellón: Esta última variedade (''parlen''), que non é máis que un dialecto provenzal...." (p. 14). Porén, abandonou esta opinión en 1925, e emprega de maneira xeral o nome de "língua catalana", mais afirmando as concordancias con o occitano de todo o conxunto idiomático de Cataluña, o País Valenciano e as Baleares. Este cambio foi fundamental para o recoñecemento do catalán como unha língua independentw.
Seguindo ao seu mestre [[Friedrich Diez]], en 1890 asignou á língua catalana o estatus de [[dialecto]] do occitano (denominado daquela ''provenzal'') na súa obra ''Grammatik der romanischen Sprachen'' (''Gramática das Línguas Románicas''), na que afirma: "Ao leste a transición se produce paulatinamente con o catalán no Rosellón: Esta última variedade (''parlen''), que non é máis que un dialecto provenzal...." (p. 14). Porén, abandonou esta opinión en 1925, e emprega de maneira xeral o nome de "língua catalana", mais afirmando as concordancias con o occitano de todo o conxunto idiomático de Cataluña, o País Valenciano e as Baleares. Este cambio foi fundamental para o recoñecemento do catalán como unha lingua independente.


No seu estudo monográfico sobre do catalán (''Das Katalanische'') (1925), Meyer-Lübke comparou este idioma con o castelán e o occitano e tirou a conclusión de que o catalán era unha língua do grupo [[Galorromania|galorománico]]. Con esta opinión comezou unha polémica sobre a [[subagrupación románica do catalan]], xusto logo do seu recoñecemento como língua independente, e sobretodo pola coincidencia cronolóxica da obra de Meyer-Lübke con a edición de ''Orígenes del español'' de [[Ramón Menéndez Pidal]] (1926), obra na que este filólogo español desenvolvía a tese da clasificación do catalán como língua [[Iberorrománia|iberorrománica]].
No seu estudo monográfico sobre do catalán (''Das Katalanische'') (1925), Meyer-Lübke comparou este idioma con o castelán e o occitano e tirou a conclusión de que o catalán era unha língua do grupo [[Galorromania|galorománico]]. Con esta opinión comezou unha polémica sobre a [[subagrupación románica do catalán]], xusto logo do seu recoñecemento como língua independente, e sobre todo pola coincidencia cronolóxica da obra de Meyer-Lübke con a edición de ''Orígenes del español'' de [[Ramón Menéndez Pidal]] (1926), obra na que este filólogo español desenvolvía a tese da clasificación do catalán como língua [[Iberorrománia|iberorrománica]].


==Obras==
==Obras==

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2009 ás 10:23

Wilhelm Meyer-Lübke (ou Meyer-Luebke) (Dübendorf, Suíza, 1861 - Bonn, 1936), lingüista neogramático e romanista de orixe suíza.

Biografía

Discípulo do pai da Romanística científica, Friedrich Diez. Foi profesor das universidades de Jena, Viena e Bonn. Seguiu a teoría de Gustav Gröber, adaptando o método comparatista da investigación das indoeuropeo ás linguas románicas, no estudo das cales introduciu principios de sistematización.

Criticismo sobre a actuación do substrato

Mantén un grande escepticismo cara a actuación do substrato nas explicacións dos cambios fonéticos. Observou que non se sabía abondo das linguas prerromanas: (osco e umbro na Italia central e meridional; galo, na Italia setentrional e na mesma Galia; ibero, en Hispania); non se sabía nada con certeza da língua dos sardos e moi pouco da lingua prerromana da Dacia ou do Véneto. Unha das influencias de substrato céltico admitida naquela altura, era a mutación de [u] en [ü]. Esta mudanza obsérvase en francés, occitano, piemontés, lígur, lombardo, en parte dos dialectos da Emilia, en romanche e retorománico engadinés, ademais de en galés, holandés, os dialectos alemáns de Alsacia, de parte de Brisgobia e do Vallese. Todas estas zonas foran habitadas polos celtas, mais a coincidencia entre a isoglosa e a área celta é menos precisa do que semella. Mais aínda admitindo a identidade da isoglosa moderna con área antigamente ocupada polos celtas, habería que demostrar que a isoglosa é antiga e que a coincidencia remonta efectivamente á época na que os celtas aprenderan latín. Ademais demostrouse que o fenómeno en occitano é posterior á época medieval, e parece fenómeno tardío tamén noutras zonas periféricas da Galorromania, desde Savoia até Normandía. A área actual da mudanza u>ü é resultado dunha expansión efectuada a partir dun núcleo orixinario pequeno, e mesmo se estendeu até o vasco de Iparralde.

De todos os fenómenos atribuídos á influencia do substrato céltico, os que resultaban máis seguros para Meyer-Lübke eran o paso de -CT- a -it- e a nasalización das vogais. A influxo osco-umbro, Meyer-Lübke atribuía dous fenómenos seguros: a sonorización das oclusivas xordas despois de nasal, e máis a asimilación -ND- > -nn-. Na Península Ibérica estudou o cambio do F- inicial que non desaparece diante do -r- nin diante do ditongo castelán ue procedent de O. En conclusión, Meyer-Lübke consideraba que antes de avanzar a hipótese da influencia do substrato deberían de cumprirse tres operacións preliminares:

  1. Comprobar as condicións de vida real da poboación da zona onde aparece o fenómeno, ou ben das relacións exactas que mantiñan romanos e autòctonos;
  2. Comprobar a antigüidade do fenómeno na zona afectada;
  3. Analizar rigorosamente as diversas realizacións articulatorias de sons aparentemente idénticos.

A clasificación do catalán

Seguindo ao seu mestre Friedrich Diez, en 1890 asignou á língua catalana o estatus de dialecto do occitano (denominado daquela provenzal) na súa obra Grammatik der romanischen Sprachen (Gramática das Línguas Románicas), na que afirma: "Ao leste a transición se produce paulatinamente con o catalán no Rosellón: Esta última variedade (parlen), que non é máis que un dialecto provenzal...." (p. 14). Porén, abandonou esta opinión en 1925, e emprega de maneira xeral o nome de "língua catalana", mais afirmando as concordancias con o occitano de todo o conxunto idiomático de Cataluña, o País Valenciano e as Baleares. Este cambio foi fundamental para o recoñecemento do catalán como unha lingua independente.

No seu estudo monográfico sobre do catalán (Das Katalanische) (1925), Meyer-Lübke comparou este idioma con o castelán e o occitano e tirou a conclusión de que o catalán era unha língua do grupo galorománico. Con esta opinión comezou unha polémica sobre a subagrupación románica do catalán, xusto logo do seu recoñecemento como língua independente, e sobre todo pola coincidencia cronolóxica da obra de Meyer-Lübke con a edición de Orígenes del español de Ramón Menéndez Pidal (1926), obra na que este filólogo español desenvolvía a tese da clasificación do catalán como língua iberorrománica.

Obras

  • Die Schicksale des lateinischen Neutrums im Romanischen (A cuestión do neutro latino na Romania) (Halle, 1883).
  • Grammatik der romanischen Sprachen (Gramática das línguas románicas) (Estrasburg, 1890-1902), 4 vols.
  • Italienische Grammatik (Leipzig, 1890).
  • Historische Grammatik der französischen Sprachen (1898).
  • Romanische Syntax (Leipzig, 1899).
  • Einführung in das Studium der romanischen Sprachwissenschaft (Introducción ao estudo da lingüística románica (Heidelberg, 1901).
  • Die Aussprache des Altprovenzalischen U (A pronunciación do U en antigo provenzal), in Mélanges Wilmotte (París, 1909).
  • Romanisches etymologisches Wörterbuch (Diccionario etimolóxico das língüas románicas) (1911-1920), en trece entregas.
  • "Gedanken über die Anlage des von Mn. A. M. Alcover unternommenen Diccionari català-valencià-balear", Bolletí del Diccionari de la Llengua Catalana XIII (juliol-agost 1923), p.72-94.
  • Das Katalanische. Seine Stellung zum Spanischen und Provenzalischen, sprachwissenchftlich und historisch dargestellt (O catalán. A súa situación perante o español e o provenzal) (Heidelberg, 1925).

Bibliografía

  • Guillem Calaforra i Castellano, Wilhelm Meyer-Lübke i Das Katalanische: introducció i traducció. Barcelona, Institut d’Estudis Catalans. ISBN 84-7283-403-4