Vea cava superior: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ru:Верхняя полая вена |
m bot Engadido: ja:上大静脈 |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
[[hr:Gornja šuplja vena]] |
[[hr:Gornja šuplja vena]] |
||
[[it:Vena cava superiore]] |
[[it:Vena cava superiore]] |
||
[[ja:上大静脈]] |
|||
[[nl:Vena cava superior]] |
[[nl:Vena cava superior]] |
||
[[pl:Żyła główna górna]] |
[[pl:Żyła główna górna]] |
Revisión como estaba o 28 de maio de 2009 ás 07:31
É unha vea humana curta, pero moi grosa. Fórmase pola unión dos troncos braquiocefálicos venosos esquerdo e dereito. O seu traxecto é curto e pronto chega ao corazón, máis concretamente á aurícula dereita. Porta o sangue do pescozo, cabeza e membros superiores, que provén dos troncos braquiocefálicos e das súas tributarias. Ademais de recibir o samgue das zonas superiores, recibe o sangue da vea ácigos, que recolle o sangue do hemitórax esquerdo. Esta vea ten a particularidade de facer un arco antes de desembocar na cava superior. Tamén pode chegarlle sangue venoso do hemitórax esquerdo, a través da vea hemiácigos. Esta última conexión é inconstante, xa que a hemiácigos pode non aparecer ou pode desembocar noutras veas.
En definitiva, a cava superior recolle o sangue de:
- Veas xugulares internas
- Veas xugulares anteriores
- Veas mamarias internas. A estas chegan as veas xugulares externas
- Veas tiroideas inferiores
- Veas vertebrais
Relacións da cava superior
- Por diante: Timo en idade infantil e os seus vestixios en idade adulta.
- Por detrás: Arco da vea ácigos e pulmón dereito.
- Por fóra: Pulmón e nervio frénico dereito.
- Por dentro: Aorta ascendente