Semántica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ar:دلالية
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{lingüística}}
A '''Semántica''' é a subdisciplina da [[lingüística]] que se encarga de estudar o [[significado]]. A súa última revolución foi a da [[lingüística cognitiva]], pois o [[estruturalismo]] de [[Ferdinand de Saussure]] (que descubriu a súa estrutura na lingua co [[construto]] das [[articulación lingüística|articulacións lingüísticas]]), non lle proporcionou demasiado desenvolvemento e o [[transformacionalismo]] de [[Noam Chomsky]] non lle deu demasiada importancia.
A '''Semántica''' é a subdisciplina da [[lingüística]] que se encarga de estudar o [[significado]]. A súa última revolución foi a da [[lingüística cognitiva]], pois o [[estruturalismo]] de [[Ferdinand de Saussure]] (que descubriu a súa estrutura na lingua co [[construto]] das [[articulación lingüística|articulacións lingüísticas]]), non lle proporcionou demasiado desenvolvemento e o [[transformacionalismo]] de [[Noam Chomsky]] non lle deu demasiada importancia.



Revisión como estaba o 21 de maio de 2009 ás 10:20

A Semántica é a subdisciplina da lingüística que se encarga de estudar o significado. A súa última revolución foi a da lingüística cognitiva, pois o estruturalismo de Ferdinand de Saussure (que descubriu a súa estrutura na lingua co construto das articulacións lingüísticas), non lle proporcionou demasiado desenvolvemento e o transformacionalismo de Noam Chomsky non lle deu demasiada importancia.

Entre os seus temas de estudo principais están os casos de sinonimia, homonimia, polisemia e campos semánticos. Co desenvolvemento multidisciplinar da lingüística cognitiva por parte de Ronald Langacker na década de 1980, reabríronse temas de traballo coma a metáfora, a metonimia e a categorización. Tamén está moi asociada á lexicoloxía (e polo tanto coa lexicografía), sobre todo mediante a estrutura chamada campo léxico.

Semántica filosófica e semántica lingüística

O signo lingüístico está composto por un significante e un significado, pero o falante que emprega o signo lingüístico pon a este en relación cun referente que non é outra cousa ca realidade.

A semántica filosófica preocuparase por cales son as relacións entre o signo lingüístico e o referente extralingüístico. A semántica lingüística estudará as unidades significativas mínimas diferenciais, 'os lexemas', e as relacións que entre eles se establecen no seo dunha lingua concreta.

Semántica diacrónica e semántica sincrónica ou lexicoloxía

A semántica, rama da lingüística que se ocupa dos cambios de significación que operan nas palabras, é unha ciencia diacrónica, fronte á lexicoloxía (tamén denominada semántica sincrónica), disciplina que estuda o léxico dunha lingua, e que traballa no plano sincrónico.

Semántica léxica e semántica gramatical

Debido á distinción entre 'significado léxico' e 'significado gramatical', dous ámbitos son recoñecidos na semántica:

  • a semántica léxica, que estuda o significado dos lexemas como unidades significativas léxicas e as relacións que entre eles se establecen, os 'campos léxicos'.
  • a semántica gramatical, que ten como obxectivo de estudo os morfemas gramaticais, o significado das categorías gramaticais e os modos de significar.

Véxase tamén