Maximiliano I de México: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:막시밀리안 1세
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 26: Liña 26:
[[eo:Maksimiliano (Meksiko)]]
[[eo:Maksimiliano (Meksiko)]]
[[es:Maximiliano I de México]]
[[es:Maximiliano I de México]]
[[et:Maximilian (Mehhiko)]]
[[et:Maximiliano (Mehhiko keiser)]]
[[fa:فردیناند ماکسیمیلین جوزف]]
[[fa:فردیناند ماکسیمیلین جوزف]]
[[fi:Maksimilian I (Meksiko)]]
[[fi:Maksimilian I (Meksiko)]]
[[fr:Maximilien Ier du Mexique]]
[[fr:Maximilien Ier du Mexique]]
[[he:מקסימיליאן הראשון, קיסר מקסיקו]]
[[he:מקסימיליאן הראשון, קיסר מקסיקו]]
[[hr:Nadvojvoda Maksimilijan]]
[[hu:I. Miksa mexikói császár]]
[[hu:I. Miksa mexikói császár]]
[[id:Maximilian I dari Meksiko]]
[[id:Maximilian I dari Meksiko]]

Revisión como estaba o 19 de maio de 2009 ás 18:15

Maximiliano(1832-1867), arquiduque austríaco e Emperador de México, fillo de Franz Karl, arquiduque da Austria, e de Sophie, Princesa da Bavaria.

Maximiliano de México (Viena, 1832 - Santiago de Querétaro, México,19 de xuño de 1867), arquiduque austríaco e emperador de México, irmán do emperador de Austria, Francisco Xosé e primo de Pedro II do Brasil. Casado coa princesa Carlota de Bélxica, tamén coñecida como emperatriz Carlota de México. Foi persuadido polo emperador francés Napoleón III e por realistas mexicanos a aceptar a coroa do recén-fundado Imperio Mexicano (1864-1867).

A Aventura de Maximiliano de Habsburgo - como foi chamada no México - non pasou dun triste episodio de intereses creados, inxenuidade e desespero. Os conservadores viron na súa persoa a posibilidade de manter un sistema político que lles era cómodo e que lles parecía seguro por contar co apoio de Francia, de Inglaterra e da Santa Sé. O arquiduque austríaco, pola súa parte, de certo modo condenado a ser sempre o irmán do emperador de Austria, aceptou o papel que lle era ofrecido desempeñar nun país completamente descoñecido para el e sumido nunha profunda crise política.

Execución do emperador Maximiliano, en 1867. Óleo sobre tela de Édouard Manet (1866-1868).

Debido ás súas tendencias liberais, logo perdeu o apoio dos conservadores. Foi o punto de mira das hostilidades dos seguidores de Benito Juárez, os republicanos, ao ordenar a execución sumaria dos seus líderes (1865). A única protección de Maximiliano era a presenza de tropas francesas; cando estas se retiraron (1866-1867), el asumíu persoalmente o comando de seus soldados. Após dun cerco en Santiago de Querétaro, foi capturado, aprisionado, xulgado por unha corte marcial e fusilado xunto cos seus xenerais Tomás Mejía e Miguel Miramón.

Coa súa morte, a pretensión ao trono mexicano foi reivindicada por dous ramos distintos. Os Habsburgo-Itúrbide, por pedimento dos netos do primeiro emperador de México Agustín de Iturbide, e outro ramo os Habsburgo-Gueroust.

Deseño da execución do emperador Maximiliano e dos seus xenerais, Tomás Mejía e Miramón, que foron executados por un pelotón de fusilamento en Santiago de Querétaro, en México, o 19 de xuño de 1867.
Capela Funeraria do Emperador Maximiliano, en Santiago de Querétaro.