Paul Tillich: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bg:Паул Тилих
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: la:Paulus Tillich
Liña 57: Liña 57:
[[ja:パウル・ティリッヒ]]
[[ja:パウル・ティリッヒ]]
[[ko:파울 틸리히]]
[[ko:파울 틸리히]]
[[la:Paulus Tillich]]
[[lv:Pauls Tillihs]]
[[lv:Pauls Tillihs]]
[[nl:Paul Tillich]]
[[nl:Paul Tillich]]

Revisión como estaba o 17 de maio de 2009 ás 18:21

Lápida de Paul Tillich no parque Paul Tillich, New Harmony, Indiana, Estados Unidos

Un dos grandes teólogos protestantes do século XX. Nado en agosto de 1886 na pequena vila de Starzeddel na provincia de Brandenburgo no leste de Alemania. Estudou na universidade de Berlín, na de Tubinga e na de Halle. Recibiu o Doutoramento de Filosofía na Universidade de Breslau e lincenciouse en teoloxía na Universidade de Halle.

En 1914 casou con Margarethe Wever, e no mesmo ano entrou no exército alemán como capelán. Margarethe abandonou a Tillich tras ter un fillo extramatrimonial.

Despois da guerra, reanuda a súa carreira académica ensinando teoloxía na universidade de Berlín.

Trala volta da guerra, coñece a Hanna Werner Gottswchow, entonces casada e embarazada. En marzo de 1924 casan.

En 1924 pasa a ser profesor de Teoloxía na Universidade de Marburg onde empeza a desenvolver a súa teoloxía sistemática. Máis tarde é profesor en Dresde en Leipzig e en Frankfurt. Aquí sucedeu a Max Scheler na cátedra de filosofía e psicoloxía.

As súas ideas fanno entrar en conflito co nazismo e acaba sendo desposuido da súa posición. Reinhold Niebuhr, na súa visita a Alemania en 1933, ficou abraiado polos escritos de Tillich e animouno a traballar na facultade do Union Thological Seminary de Nova Iorque. Aos 47 anos, Tillich exilouse a Estados Unidos e comezou a perfeccionar o seu inglés e a dar clases sobre filosofía da relixión. Foi, asemade, profesor visitante da Universidade de Columbia. Obtivo a nacionalidade americana.

Moitas das súas publicacións acadaron unha enorme audiencia ao igual que os seus sermóns. Interesouse, así mesmo, polo budismo, particularmente polo zen, na súa experiencia xaponesa.

Atinxiu o maior rango na Universidade deHarvard e en 1962 mudouse pra a Universidade de Chicago ata a súa morte en 1965. As súas cinsas están soterradas no chamado Paul Tillich Park en New Harmony, Indiana.

Pensamento

Clave para compender o pensamento de Tillich e o método de correlación. As cuestións existenciais do home están asociadas ao eido da filosofía, e máis específicamente ao da ontoloxía, tal como a entendía o existencialismo en autores como Heidegger. Correlativamente, as respostas a esas cuestións atópanse no cristianismo. Deste xeito, empézase por unha análise ontolóxica da existencia humana e as ambigüidades que o ameazan, análise que abrangue a dimensión psicolóxica, social, cultural, histórica e relixiosa do home.

A literatura é pródiga en loubanzas á grandeza do universo físico que apunta ao misterio cualitativo das estructuras de cada partícula do mesmo, así como á estructura do todo. Misterioso significa aquí a infinitude de preguntas que cada resposta enfronta á mente humana. Pola súa banda, a autotrascendencia da vida leva consigo as condicións do carácter tráxico da vida, a ambigüidade do grande e do tráxico, tal como xa se ve en Grecia. Finalmente está o amor que inclúe o coñecemento da persoa amada alén da análise e a manipulación calculadora; é máis ben o coñecemento participante o que cambia tanto á persoa que coñece como a que é coñecida e que lles arrastra a unha unidade trascendente que lles restableza a plenitude(agape). Pero, nos mesmos actos de afirmación e entrega, reaparece ameazante a ambigüidade da vida. A relixión é a consecuencia da alienación do home do fondo do seu ser e dos seus intentos por retornar a él.

Na mensaxe cristiá, centrada no acontecemento de Xesús de Nazareth, atópase a resposta ao dilema humano. Deus aparece como o substrato, a fondura de todo ser fronte a ameaza de non-ser na que se debate a existencia humana. Non é un ser senón o Ser mesmo. Só quen rexeita seriamente a a profundidade da realidade pode ser denominado ateo.

No feito cristiá ese Deus participa plenamente na dimensión finita e negativa do home, cuxa máxima expresión é a morte en cruz. E faino para pasar á plenitude da vida do ser na resurrección.

Se o ser en canto ser é bo -tal como afirmou Agostiño de Hipona contra o maniqueísmo- ningunha cousa que exista pode trocarse en completamente mala. Se algo existe, se ten ser, está incluída no amor divino creador, o que priva ao símbolo do inferno do seu carácter de condenación eterna.

O ser total, incluíndo os aspectos conscientes e inconscientes de todo individuo, está amplamente determinado polas condicións sociais que lle influencian ao entrar na existencia; o individuo é interdependente. Quen queira que condene a alguén á morte enterna condénase a si mesmo, porque a súa esencia e a do outro non poden estar afastadas absolutamente. En Xesús, a plenitude é un acontecemento absoluto e a través da participación nel o ser é afirmado eternamente. A resurrección inclúe todas as dimensións do ser e supón unha vigorosa afirmación do significado eterno da unicidade da persoa individual e a súa participación na realización universal que expresa o símbolo: Reino de Deus.

Fronte a Karl Barth, para Tillich non hai oposición entre o Deus da razón e o Deus da fe. No abismo de todo ser converxen o ser en sí e o Uno-Trino do Deus da revelación cristiá. Tamén difire de Barth en que o a Biblia non é para el a única fonte da teoloxía, a cal ten de abrirse a todas as formas de cultura e debe ser unha tarefa racional na confianza de que, no cristianismo, Xesús, o Cristo, é identificado como o Logos da Creación, o sentido do Cosmos e da historia.

Obras

  • Teoloxía Sistemática.
  • A coraxe do existir.
  • A dinámica da fe
  • Amor, Poder e Xustiza.