Diferenzas entre revisións de «Abjad»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
inclusão de espaço
(inclusão de espaço)
As [[vogal|vogais]] das palabras so aparecen ao ler ou ben se notan por signos auxiliares de emprego raro, principalmente [[diacrítico]]s. Neste caso, estes auxiliares de lectura so se empregan en textos pedagóxicos ou relixiosos (dominio no que hai que engadir os signos de [[cantilación]]). Para semellantes sistemas de escritura fálase daquela dunha ''scriptio defectiva'', « [[escritura defectiva]] »: a grafía está en efecto as maís das veces incompleta e necesita que o lector coñeza xa unha palabra dada para que a poida ler correctamente.
 
A maioría das escrituras que notan [[linguas semíticas]] son abjads, por razóns vencelladas á estrutura [[morfofonoloxía|morfofonolóxicas]] destas linguas, nas que é posible, se se coñecen as regras de [[gramática]] pertinentes, adiviñar a posición e o timbre das vogais. As vogais longas dos abxades son sen embargo a miúdo notadas por medio de ''[[mater lectionis|matres lectionis]]'' (consoantes en función vocálica), o que fai que so haxa uns poucos abjads « puros ». O alfabeto árabe, en certos aspectos, ás veces se aproxima máis ao alfabeto que ao abxad.
 
Nos abxades, é frecuente que as letras cambien máis ou menos de forma segundo a súa posición na palabra.
Usuario anónimo

Menú de navegación