Maria Winckelmann Kirch: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Liña 11: Liña 11:
[[en:Maria Margarethe Kirch]]
[[en:Maria Margarethe Kirch]]
[[fi:Maria Margarethe Kirch]]
[[fi:Maria Margarethe Kirch]]
[[pl:Maria Margarethe Kirch]]

Revisión como estaba o 4 de maio de 2009 ás 01:06

Maria Margaret Kirch (nada como María Winckelmann en Leipzig o 25 de febreiro de 1670 e falecida en Berlín o 29 de decembro de 1720) foi unha astrónoma.

Era filla dun ministro protestante que non lle deu educación formal. Nembargantes, interesouse pola astronomía a través de Christoph Arnold von Sommerfeld, coñecido polo alcume do paisano astrónomo. No 1692 casou cun astrónomo que a animou e do que aprendeu o que necesitaba para os seus labores científicos. Traballaron conxuntamente, se ben debido á súa condición de muller só o seu marido traballou na Berliner Akademie. Ela descubriu o cometa coñecido como cometa de 1702. Tras a morte do seu marido en 1714, comezou a publicar de xeito independente, e traballou no cálculo do calendario para o observatorio do Baron von Krosigk co seu fillo, quen tamén chegaría a pertencer á Berliner Akademie.

Ver tamén

A ciencia ten nome de muller