Eustaquio Ilundáin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:


[[en:Eustaquio Ilundáin y Esteban]]
[[en:Eustaquio Ilundáin y Esteban]]
[[es:Eustaquio Ilundáin y Esteban]]
[[es:Eustaquio Ilundain y Esteban]]

Revisión como estaba o 2 de maio de 2009 ás 10:08

Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862 e falecido en Sevilla o 10 de agosto de 1937) foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.

Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Cidade Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.

Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para suministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia Natural que el mesmo fundou.

En 1914 suspendeu a divinis ó crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa dos campesiños e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia].

Véxase tamén

Ligazóns externas