Palleta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
traido de lingüeta
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de marzo de 2006 ás 10:07

Lámina ou láminas situadas na embocadura de certos instrumentos de vento, cuxa vibración permite a emisión do son a través do aire producido polo intérprete.

As palletas están fabricadas con cana, madeira ou metal e existen modalidades que varían segundo o tipo de instrumento.

A denominada palleta batente ou palleta sinxela produce o son a través do roce co propio instrumento e consta dunha soa lámina.

Tamén existe a chamada palleta dobre, na que o son se produce a través do choque entre dúas láminas unidas.

Por último, tamén existe a chamada palleta libre, que vibra co paso do aire por unha abertura, que queda bloqueada poa propia lámina cando non existe columna de aire.