Astronomía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Almabot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ar:علم الفلك
Sen resumo de edición
Liña 83: Liña 83:
*[http://www.oan.es Observatorio Astronómico Nacional de España].
*[http://www.oan.es Observatorio Astronómico Nacional de España].
*[http://www.iac.es Instituto Astrofísico de Canarias].
*[http://www.iac.es Instituto Astrofísico de Canarias].
*[http://www.astroriasbaixas.org Agrupación Astronómica Rías Baixas].


{{Glosario-astronomía}}
{{Glosario-astronomía}}

Revisión como estaba o 1 de maio de 2009 ás 23:28

Radiotelescopio, Effelsberg, Alemaña

A astronomía, que significa etimoloxicamente "coñecemento das estrelas", é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra.

Despois de comprender que os elementos que forman os "obxectos celestes" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física aplícanse do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.

Os astrónomos necesitan unha gran preparación en física, e as observacións fanse sempre nun contexto astrofísico, estando ligados con frecuencia ambos os campos.

Na súa primeira historia, a astronomía supuña só a observación e predición dos movementos dos obxectos celestes identificables a ollo nu (sen instrumentos). Os astrónomos eran polo común tamén cregos, e críase que os fenómenos celestes tiñan unha influencia oculta nos sucesos na Terra (astroloxía). Os gregos fixeron importantes contribucións á astronomía, pero o progreso detívose case por completo na Idade Media, excepto polo traballo dalgúns astrónomos (en particular, musulmáns).

A astronomía é unha das poucas ciencias onde os afeccionados aínda teñen un papel activo, por exemplo descubrindo obxectos transeúntes (como cometas) e monitoreando a variabilidade das estrelas.

O estudo dos planetas do noso sistema solar foi en tempos recentes considerada unha disciplina separada, chamada Ciencias Planetarias ou Planetoloxía.

O ano 2009 foi declarado polas Nacións Unidas como Ano Internacional da Astronomia [1], en conmemoración do momento no que Galileo Galilei comezou o estudo dos astros co telescopio, hai 400 anos.

División

Pola amplitude do seu obxecto de estudo, a astronomía divídese en diferentes ramas, que non están completamente separadas, xa que as súas interseccións, así como os astrónomos que traballan en diferentes áreas, son a norma máis que a excepción.

En astronomía, obténse información de xeito principal da detección e análise da radiación electromagnética. Unha división tradicional da astronomía dase polas rexións do espectro electromagnético observadas:

  • Astronomía óptica. Refírese ás técnicas usadas para detectar e analizar luz nas lonxitudes de onda que poden ser detectadas polo ollo, ou preto delas (arredor de 400 - 800 nm).
  • Astronomía infravermella. Trata coa detección de luz infravermella (lonxitudes de onda máis longas que o vermello).
  • A radioastronomía usa técnicas moi diferentes: para detectar radiación con lonxitudes de onda de mm a cm, os receptores son semellantes aos usados en radiodifusión (que usa radiación nesas lonxitudes de onda).

A astronomía óptica e a de radio poden realizarse usando observatorios terrestres, porque a atmosfera é transparente nesas lonxitudes de onda. A luz infravermella é absorbida con facilidade polo vapor de auga, así que os observatorios de infravermellos deben establecerse en lugares altos e secos.

En astronomía de raios X, astronomía de raios gamma, astronomía ultravioleta e astronomía do infravermello afastado pódense facer observacións só dende globos aerostáticos ou observatorios espaciais.

Todas as disciplinas anteriores están baseadas na detección de fotóns, pero tamén podemos recibir información desde fóra da Terra transportada polos raios cósmicos, neutrinos, e, nun futuro próximo, gravitóns (ver LIGO).

Unha división diferente pode ser realizada usando as rexións do espazo e os problemas enriba comentados; algúns son:

Astrónomos

Modelos e teorías

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link FA