Lizarra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "300px|thumb|right|''Puente de la Cárcel'' ou ''Puente Picudo'', no centro de Estella/Lizarra. '''Estella-Lizarra''' (''Estella'' en [[lingua castel…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de abril de 2009 ás 16:28

Puente de la Cárcel ou Puente Picudo, no centro de Estella/Lizarra.

Estella-Lizarra (Estella en castelán; Lizarra en éuscaro) é unha cidade, municipio da zona media da Comunidade Foral de Navarra (España), cabeceira da merindad de Estella e da chamada comarca de "Terra Estella" ou Lizarrerria, situada a metade de camiño entre as cidades capitais de Pamplona e de Logroño, en A Rioxa, nunha zona de unión entre a Montaña e a Ribera Alta de Navarra.

Etimología

O seu nome oficial é Estella-Lizarra. Antigamente o poboado recibía o nome de Lizarra, ata a creación da cidade en 1076. Na colección diplomática de Irache son frecuentes en documentos do século XI as referencias a este poboado denominado, segundo os casos, Leizarrara, Lizarrara, Liçarrara, Lizarara, Liçarra e Lizarra. O topónimo, inequivocamente en lingua vasca, nalgunhas ocasións interpretouse como ilizar, "cidade antiga", e tamén como elizar, "igrexa antiga"; con todo parece ter maior solvencia a etimología lizar, "fresno" en eúscaro, relacionada coa posible abundancia desta árbore na paraxe.

Outro dos posibles orígines do nome, relacionado tamén coa propia fundación da cidade polo Rei de Navarra Sancho Ramírez, como punto de atención ao peregrino ao seu paso polo camiño de Santiago navarro, é o latín Stellae (estrela). Hai varias referencias á denominación L'izarra, traida por habitantes de orixe franca, e que poden dar orixe a este nome. De feito, a presenza dunha estrela de oito puntas nos monumentos da cidade remóntase ao seu estadio fundacional, punto que parece testemuñar esta etimología. A estrela permaneceu ata a actualidade como símbolo distintivo da cidade

Xeografía

Situada a 421 metros de altitude, rodeada por montañas: Montejurra, Peñaguda, Cruz de los Castillos, Santa Bárbara e Belástegui e tan oculta entre elas para quen se achega que, segundo o devandito, "non se ve Estella ata chegar a ela". Este cerco de montañas que a rodea suaviza o seu clima, abrigándoa do vento.

Río Ega ao seu paso por Estella

Cruzada polo río Ega, afluente do río Ebro, aséntase nun gran meandro do mesmo, que proporciona auga para as leiras e zonas axardinadas, entre as que destaca o chamado paseo de "Os Chairos".

Dispón de boas comunicacións por estrada con:

Localidades limítrofes

Estella limita cos seguintes termos municipais: ao oeste con Ayegui e Allín; ao norte con Allín, a facería 21 de Navarra e o Val de Yerri; ao leste co Val de Yerri e Villatuerta; e ao sur con Aberin.