Cataluña do Norte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 14: Liña 14:
! colspan="2" | Datos
! colspan="2" | Datos
|-
|-
| [[Capital]] || [[Perpiñán]]
| [[Capital]] || [[Perpiñán|Perpinyà]]
|-
|-
| País || [[Francia]]
| País || [[Francia]]

Revisión como estaba o 27 de abril de 2009 ás 20:38

Cataluña do Norte
Catalunya del Nord
Localización
Localización de
Datos
Capital Perpinyà
País Francia
Superficie 4.116 km²
Poboación (2007) 426.000 hab.
Densidade de poboación 103 hab./km²
     Alta Cerdanya      Capcir      Conflent      Fenolleda      Rosselló      Aspres      Vallespir
     Concellos de fala históricamente catalá      Concellos de fala históricamente occitá      Concellos de falas de transición entre catalán e occitano

A Cataluña do Norte (Catalunya del Nord en catalán; Catalogne Nord en francés) é a parte de Francia históricamente e culturalmente catalana e separada do resto de Cataluña en virtude do tratado dos Pirineos (o 7 de novembro de 1659). O inventor do término Cataluña do Norte foi Alfons Mias nos anos 1930[1]. A denominación comprende as comarcas históricas de Rosselló, Conflent, Vallespir, Capcir e o norte da Cerdanya, coñecida como Alta Cerdanya. A Fenolleda, a pesar de ser maioritariamente occitana, ícluese a menudo na definición de Cataluña do Norte polas súas relacións xeográficas e administrativas co Rosselló. Con 426.000 habitantes, representa a un 3'1% da poboación total dos Países Cataláns.

Actualmente estas comarcas constituien o departamento francés dos Pirineos Orientais (Pyrénées Orientales en francés), o cual se engloba dentro da rexión do Languedoc-Roussillon.

O 10 de decembro do 2007 o Consello Xeral dos Pirineos Orientais aprobou a oficialidade do catalán, xunto co francés.[2]

Historia

A orixe da Casa de Barcelona, que tras entroncar coa casa real aragonesa chegaría a reinar sobre toda a Coroa de Aragón, iniciouse nesta zona. Guilfredo o Velloso (Guilfredo I de Barcelona), o primeiro conde de Barcelona que obtivo o dereito de legar lexitimamente os condados aos seus fillos, era natural do pobo de Rià (antigamente Arrià), situado na vila de Prades (Prada de Conflent en catalán), capital histórica do condado do Conflent.

No marco da Guerra dos Trinta Anos, o malestar que xeraba na sociedade catalá a presenza de tropas, fundamentalmente castelás, provoca a sublevación dos campesiños inicialmente contra os terzos e os funcionarios reais para logo xeneralizarse contra todos os hacendados e nobres situados preto da administración. Finalmente derivou nunha revolta de empobrecidos campesiños contra a nobreza e ricos das cidades que tamén foron atacados. Conscientes da súa incapacidade de reducir a revolta e as súas limitacións para dirixir un estado independente, a oligarquia catalá se alía co inimigo de Felipe IV: Luís XIII

Tras a firma da Paz de Westfalia tamén coñecido como os Tratados de Münster e Osnabrück que reconocian as Províncias Unidas Holandesas e a Confederación Suíza. O tratado dos Pireneos pon fin ao conflito entre a coroa española e francesa, concertándose a Francia a cesión entre outros do condado do Rosellón e unha parte do da Cerdaña, todos eles situados na vertente setentrional dos Pireneos e que as tropas francesas ocuparan en apoio dos sublevados cataláns.

A nova administración francesa deu ao territorio o nome de provincia do Rosellón. En 1790, cando tras a Revolución Francesa, a Asemblea Nacional decidiu dividir todo o reino en departamentos e suprimir as antigas provincias, a antiga provincia do Rosellón quedou englobada no departamento dos Pireneos Orientais.

Lingua

O real decreto francés de Luís XIV do 2 de abril do 1700, con data de aplicación de 1 de maio do mesmo ano, prohibiu o uso da lingua catalá en documentos oficiais, notariais e doutro tipo, baixo pena de invalidar o contido. Desde entón, o francés continúa sendo a única lingua oficial, e a única que se utiliza no ensino público.

Os últimos datos sociolingüísticos dos que dispón a Generalitat de Cataluña[3] (2004) reflicten que o francés é a lingua maioritaria no Rosselló, cunha presenza minoritaria do catalán. Habitualmente fala francés o 92% da poboación, catalán o 3,5%, ambos os idiomas un 1% e o 3,5% fala outras linguas.

En canto a usos lingüísticos en diversos ámbitos cabe sinalar que o 80,5% dos nados no Rosselló falan unicamente francés no ámbito familiar en contraposición cun 17,3% no que o catalán está presente. Ademais, o ámbito do uso do catalán redúcese cada vez máis nas novas xeracións e nos inmigrantes. O 40,6% dos avós nacidos no Rosselló falan en catalán coa súa parella, un 9,2% usan catalán e francés, un 12,0% usa o castelán e un 27,2% o francés. En cambio só nun 6,3% dos estudantes do Rosselló falan en catalán entre eles e un 0,5% faio cando vai ao médico. Con todo, a conciencia lingüística non diminuíu e un 62'9% dos habitantes do Rosselló cre que os nenos deberían aprender catalán.

Referencias

  1. http://jppujol.club.fr/CVERAA01.htm
  2. http://www.cg66.fr/culture/patrimoine_catalanite/catalanite/charte.html
  3. [1]