República de Nova África: Diferenzas entre revisións
lig int; retiro imaxe inexistente |
m bot Engadido: ru:Республика Новая Африка |
||
Liña 43: | Liña 43: | ||
[[it:Repubblica della Nuova Africa]] |
[[it:Repubblica della Nuova Africa]] |
||
[[ja:新アフリカ共和国]] |
[[ja:新アフリカ共和国]] |
||
[[ru:Республика Новая Африка]] |
|||
[[sv:Republiken Nya Afrika]] |
[[sv:Republiken Nya Afrika]] |
Revisión como estaba o 26 de abril de 2009 ás 15:29
A República de Nova África (en inglés: Republic of New Afrika) é unha comunidade nacionalista negra e grupo político establecida en Detroit, Michigan, Estados Unidos en marzo de 1968. Reclama a soberanía, pero non ten o control do territorio que reclama.
Historia
O manifesto orixinal da RNA demandaba a cesión por parte dos Estados Unidos dos estados sureños de Luisiana, Mississippi, Alabama, Xeorxia, e Carolina do Sur e o pago de 400 billóns de dólares como reparacións polas inxustizas sufridas polos americanos de raza negra durante os periodos de escravitude e segregación racial. Estas concesións serían as bases para a creación dun estado negro independente.
O goberno provisional da república foi establecido nunha conferencia de militantes nacionalistas negros en Detroit en 1968. A conferencia foi convocada polo avogado Milton Henry e o seu irmán Richard, antigos coñecidos de Malcolm X que renomeáronse eles mesmos como Gaidi Obadele e Imari Abubakari Obadele. Imari Obadele foi elexido como "Presidente Provisional".
O grupo defendia as cooperativas económicas e a autosuficiencia comunitaria, pero tamén apoiaban uns dereitos políticos e liberdades de prensa limitadas, prohibindo os sindicatos e legalizando a poligamia.
O FBI pensaba que a República de Nova África era un grupo sedicioso, e realizou persecucións contra as súas reunións, o que levou a violentas confrontacións e o arresto e encarceamento repetido de líderes da RNA. O grupo foi un obxectivo da operación COINTELPRO.
Trala súa liberación en 1980 de prisión, Imari Obadele asistiu á Universidade e obtivo un título en ciencias políticas. Dende entón ten ensinado en varias universidades e publicado libros e artigos apoando os obxectivos da RNA.
A RNA ten a súa sé hoxe en día en Washington, D.C., e afirma ter máis de 10,000 membros.