Xisulfo II de Friúl: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pl:Gisulf II
m bot Engadido: lt:Gisulfas II
Liña 18: Liña 18:
[[en:Gisulf II of Friuli]]
[[en:Gisulf II of Friuli]]
[[it:Gisulfo II del Friuli]]
[[it:Gisulfo II del Friuli]]
[[lt:Gisulfas II]]
[[pl:Gisulf II]]
[[pl:Gisulf II]]
[[uk:Гізульф II]]
[[uk:Гізульф II]]

Revisión como estaba o 26 de abril de 2009 ás 07:12

Xisulfo II (... – circa 610) foi un duque longobardo, duque do Friúl desde o 590 ata o 610 aproximadamente.

Inicialmente oposto ao rei Axilulfo, no 603 reconciliouse co soberano. Intervén nas cuestións relativas ao patriarcado de Aquileia, instituído daquela polo Cisma tricapitolino. No 607 o patriarcado foi dividido entre dous patriarcas: un, adherido ao cisma, ligado aos longobardos e o outro, que vivía en Grado, próximo aos bizantinos e fiel a Roma. Xisulfo sostén a elección a patriarca do tricapitolino Xoán en oposición ao católico Candidiano.

Aos pucos anos, probabelmente no 610, Xisulfo debeu afronta unha invasión dos ávaros. Malia o grande valor amosado en batalla, segundo Paulo Diácono, o encontro volveuse a favor dos invasores, numericamente superiores.

O duque de Friúl, Xisulfo, afrontouno audazmente cos longobardos que puido reunir; mais, malia combateren con grande coraxe, poucos contra unha inmensa multitude, foi rodeado por todas partes e morto con case todos os seus
Paulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 37Gisulfus Foroiulanus dux cum Langobardis, quos habere poterat, audacter occurrit; sed quamvis forti animositate contra inmensam multitudinem bellum cum paucis gereret, undique tamen circumseptus, cum omnibus pene suis extinctus est

A capital do ducado, Cividale, con todo, resistiu, pero caeu pouco despois a causa da traizón da muller de Xisulfo, Romilda. Desta tivera oito fillos: catro homes (Caccón e Tasón, Radoaldo e Grimoaldo) e catro mulleres (Appa, Gaila e outras dúas das que Paulo Diácono non lle sabía os nomes).

Fontes