País insular: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
m bot Modificado: ca:Estat insular
Liña 77: Liña 77:
[[bg:Островна държава]]
[[bg:Островна държава]]
[[bs:Ostrvska država]]
[[bs:Ostrvska država]]
[[ca:País insular]]
[[ca:Estat insular]]
[[da:Østat]]
[[da:Østat]]
[[de:Inselstaat]]
[[de:Inselstaat]]

Revisión como estaba o 24 de abril de 2009 ás 05:32

Países Insulares do Mundo

Un país insular é un estado limitado totalmente a unha illa ou a un grupo de illas, e que non ten ningún territorio sobre o continente. No mundo existen corenta e oito países insuares, incluíndo os máis pequenos.

Os países insulares poden ser clasificados en dous grupos. Un grupo comprende aqueles que son grandes, relativamente populosos, e polo xeral preto dun continente. Estes inclúen Xapón, Sri Lanka, Filipinas, Cuba, o Reino Unido, Islandia e Madagascar. O membro máis grande deste grupo, e o país insular máis grande, é Indonesia. Estes países, tipicamente, comparten semellanzas culturais e políticas cos seus veciños continentais. O seu estado insular era unha vantaxe importante que os illou de invasións, e fíxoos importantes no comercio rexional debido á súa localización e ás capacidades marítimas da poboación. Australia forma parte desta categoría, con todo, varios estudos considérana como sector continental de Oceanía.

O outro grupo comprende países máis pequenos como Malta, Chipre, as Comores, Bahamas, Tonga, e as Maldivas. Estes países tenden a ser moi diferentes dos países continentais. O seu pequeno tamaño, polo xeral, quere dicir que contan con pouca terra agrícola e escasos recursos naturais. Con todo, na actualidade, estes pequenos países insuares convertéronse en centros turísticos, facéndose en moitos o turismo, a industria dominante.

Algúns países insulares son centrados a unha ou dúas illas principais, como o Reino Unido. Outros espállanse ao longo de centos ou miles de pequenas illas, como Indonesia ou as Maldivas. Algúns países comparten as súas illas con outros países; estes inclúen a República de Irlanda, Haití e República Dominicana que comparten a illa de Santo Domingo ou A Española, e Papúa Nova Guinea.

Listaxe de países insulares

Véxase tamén

Notas