Templo de Atenea Nike: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Hram Atene Nike
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 45: Liña 45:
[[sh:Hram Atene Nike]]
[[sh:Hram Atene Nike]]
[[sv:Athena Niketemplet]]
[[sv:Athena Niketemplet]]
[[uk:Храм Ніки Аптерос]]

Revisión como estaba o 22 de abril de 2009 ás 09:55

O Templo de Atenea Nike (Atenea Vitoriosa) ou Nike Áptera (Vitoria sen ás) conmemora a vitoria sobre os persas na batalla de Salamina (-448). A idea da súa construción na Acrópole de Atenas, xurdiu no -449, trala paz cos persas. Sen embargo, Pericles opúxose ao levantamento do mesmo e non se comezaron as obras ata o -421, comezada xa a Guerra do Peloponeso (-431 - -404).

O proxecto encargáronllo Calícrates (arquitecto que tamén colaborou na construción do Partenón, xunto con Ictino), quen deseñou un templo de orde xónica que tivo que adaptarse ao pequeno espazo que se lle asignou: un bastión (torreón) dos Propileos, que domina a suba á Acrópole.

No seu interior houbo un xóanon, imaxe de Atenea personificada como Nike, ou deusa alada, símbolo das vitorias navais, á que lle cortaron as ás (áptera: sen ás) para que nunca puidese abandonar a cidade. Pero o templo non estaba destinado a grandes reunións, para iso tiña enfronte un altar que permitía celebrar cerimonias ao aire libre.

O templo no seu estado actual foi fielmente restaurado, pero perdeu parte do friso, a cuberta e os frontóns.

  • O alzado do templo (de 8 metros de altura): sobre a plataforma escalonada ou krepidoma, aséntanse os muros e as columnas xónicas de mármore compostas de basa, fuste monolítico con estrías de ángulos matados e chapitel con volutas. O friso consta dunha arquitrabe de tres bandas, un friso corrido que tivo unha decoración mitolóxica alusiva ás guerras Médicas e unha cornixa, sobre ela os frontóns dedicados a Atenea.
Alzado reconstruído hipoteticamente.
Planta.
  • A planta, de moi pequenas dimensións, é propia dun templo anfipróstilo-tetrástilo, no que tanto o vestíbulo dianteiro (pronaos) como o traseiro (opistodomos) se converten en pequenos pórticos. A cella ou sala da deusa, é case cadrada (4 x 4 metros). É, polo tanto, un templo moi pequeno, de dimensións humanas; moi harmonioso nas súas proporciones. Todas as medidas están matematicamente estudadas para dar esa sensación de esvelteza, a pesar do seu escaso tamaño.
Restos do Friso.
Bastión.

O friso do templo, que representa a Atenea, Zeus e Poseidón axudando aos atenienses, é sen dúbida un intento de elevar a moral da cidade, que naqueles anos estaba sumida noutra contenda que acabaría perdendo, a Guerra do Peloponeso. Así mesmo, o parapeto do bastión sobre o que se alza o edificio foi decorado con relevos (entre eles o de Atenea atándose a sandalia) intentando expresar a determinación pola vitoria que nunca chegou. Este paramento, obra da escola de Fidias mostra as súas principais características, como os panos mollados (xa esculpidos ao trépano) ou figuras divinas (como a propia Atenea) en accións "cotiás" como atarse unha sandalia, que demostran o afastamento do idealismo do primeiro clasicismo.