Xosé López Orozco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PepedoCouto (conversa | contribucións)
ligazóns
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de abril de 2009 ás 19:35

Xosé Clemente López Orozco, nado en Fazouro, Foz (Lugo) o 15 de setembro de 1947 , é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Pontificia de Salamanca e doutorado pola Universidade de Santiago de Compostela. Na década de 1970, traballou como mestre no Instituto de Viveiro e máis no Instituto "Xoán Montes" de Lugo (1972-77) para finalmente acadar a condición de catedrático no Instituto "Lucus Augusti", na materia de Filosofía.

É militante socialista dende decembro de 1975 e membro da FETE-UGT dende 1981. Na actualidade é presidente da agrupación luguesa do PSdeG e membro da executiva nacional galega. Foi delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galiza entre 1987 e 1990, e membro do Consello Asesor da TVE-Galiza entre 1990 e 1995.

Publicacións

  • Homenaje a Ortega, en colaboración cos profesores de Filosofía de Lugo.
  • El empleo: reto del momento, en la XIV Semana Galega de Filosofía. (1977)

Foi colaborador nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia.

Véxase tamén

Outros artigos

PSdeG-PSOE

Ligazóns externas