Teodorico I dos Francos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: als:Theuderich I.
m bot Engadido: bg:Теодорих I
Liña 26: Liña 26:


[[als:Theuderich I.]]
[[als:Theuderich I.]]
[[bg:Теодорих I]]
[[ca:Teodoric I d'Austràsia]]
[[ca:Teodoric I d'Austràsia]]
[[de:Theuderich I.]]
[[de:Theuderich I.]]

Revisión como estaba o 15 de abril de 2009 ás 22:48


Teodorico I ou Teoderico I (aprox. 485-534) (en francés Thierry Ier e en alemán Theuderich I.) foi rei merovinxio de Metz entre 511 e 534. Foi gobernante da parte oriental do territorio franco, coñecida como Austrasia.

Teodorico era fillo bastardo primoxénito do rei franco Clodoveo I e dunha princesa ripuaria, descoñécese a data exacta do seu nacemento, que puido ser cara a 485. Morre o ano 534.

Á morte do seu pai en 511, o reino queda dividido entre os catro fillos de Clodoveo I: Teodorico, Clodomiro, Khildeberto e Clotario. Como fillo primoxénito de Clodoveo, Teodorico saíu beneficiado no reparto quedando coa metade do reino, mentres os seus tres irmáns se repartiron a outra metade.

Teodorico recibiu a seguinte herdanza territorial:

Teodorico casou en 511 coa princesa visigoda Eustere (aprox.494-521), filla do rei visigodo Alarico II. Tivo un fillo deste matrimonio, o futuro Teodeberto I. En 522, tras morrer a súa primeira muller, contraeu matrimonio en segundas nupcias coa princesa burgundia Suavegota, coa que tería unha filla, Teodequilda.

Entre 523 e 524 a instigación da súa irmá Clotilde, os reis francos uníronse nunha expedición conxunta contra os burgundios. En principio, Teodorico non participou en devandita expedición, xa que era xenro do rei burgundio Sexismundo. En 524 uniuse, con todo, á loita contra os burgundios. Nesta guerra morrería Clodomiro, rei de Orleáns. Teodorico faríase coa herdanza do seu irmán pequeno, incorporando desa forma en 524 o Berry, Auxerrois e Sénonais ao seu reino.

En 526 sufocou unha revolta en Auvernia saqueando a rexión. Turinxia foi anexionada ao seu reino en 531.

Á súa morte en 534, deixou o reino ao seu fillo Teodeberto I.