Paco Buyo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fr:Francisco Buyo
Krisko (conversa | contribucións)
Liña 152: Liña 152:
{{DEFAULTSORT:Buyo, Francisco}}
{{DEFAULTSORT:Buyo, Francisco}}
[[Categoría:Futbolistas galegos|Buyo]]
[[Categoría:Futbolistas galegos|Buyo]]
[[Categoría:Xogadores do Deportivo de La Coruña|Buyo, Francisco]]


[[ar:فرانسيسكو بويو]]
[[ar:فرانسيسكو بويو]]

Revisión como estaba o 14 de abril de 2009 ás 21:45

Modelo:InfFut

Francisco Buyo Sánchez, nado o 13 de xaneiro de 1958, é un ex-futbolista galego que xogaba como porteiro.

Biografía

Nos seus comezos no Ural C.F., Buyo xogaba tanto de porteiro como de extremo dereito, sendo no seu único ano no combinado coruñés o máximo goleador do equipo. Ó ano seguinte fichou polo Betanzos CF, onde permaneceu ata a súa fichaxe polo Mallorca. Non tardou en fixarse nas súas cualidades como gardamallas o Deportivo de La Coruña, que entón xogaba na Segunda División, e que xa intentara facerse cos seus servizos. Esa tempada debutou como internacional sub-21, participando posteriormente nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova.

Buyo permaneceu na entidade coruñesa ata 1980, cunha paréntese dunha tempada (1978-79) na que foi cedido ó Huesca mentras realizaba o servizo militar en Jaca. Na tempada 1980-81 deu o salto á Primeira División, fichando polo Sevilla, e acadando en seguida a titularidade. Militaba no equipo do hispaliense cando acadou, en 1983, a internacionalidade absoluta con España, defendendo os colores da selección no histórico partido España-Malta que daría o pase á escadra vermella para a Eurocopa de 1984, e encaixando un gol, o que probablemente lle pechou o camiño a seguir na Selección.

A súa indiscutible titularidade e bo facer no Sevilla fixeron que se fixase nel o Real Madrid, que se fixo cos seus servizos en 1986. Neste clube recibiu o alcume de "San Francisco de Betanzos", sendo o cancerbeiro titular ata 1996. En 1997 abandonou a plantilla merengue e colgou as botas.

Foi un dos porteiros máis seguros e espectaculares da Liga. Destacou especialmente en partidos como o disputado fronte á Juventus no Santiago Bernabéu na Copa de Europa de 1986-87. Xogou en total 542 partidos en Primera División, sendo o primeiro xogador en acadar a cifra de 500 partidos.

En 1998 concedéuselle a Medalla ó Mérito no Traballo. Actualmente é comentarista de partidos de fútbol para a TVE

Clubes

Club Ano
Ural CF 1972-1973
Betanzos CF 1973-1975
RCD Mallorca 1975-1976
Deportivo de La Coruña 1976-1978
SD Huesca 1978-1979
Deportivo de La Coruña 1979-1980
Sevilla FC 1980-1986
Real Madrid 1986-1997

Títulos

Campeonatos Nacionais

Título Club País Ano
Liga Española Real Madrid España 1986-87
Liga Española Real Madrid España 1987-88
Supercopa Real Madrid España 1988
Liga Española Real Madrid España 1988-89
Copa do Rei Real Madrid España 1988-89
Liga Española Real Madrid España 1989-90
Supercopa Real Madrid España 1990
Copa do Rei Real Madrid España 1992-93
Supercopa Real Madrid España 1993
Liga Española Real Madrid España 1994-95
Liga Española Real Madrid España 1996-97

Distincións Individuais

Distinción Ano
Trofeo Zamora 1987-88
Trofeo Zamora 1991-92

Ligazóns externas