Defensores da Man Vermella: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 19: Liña 19:


Segundo a base de datos de mortes de Sutton no proxecto CAIN da [[Universidade do Ulster]][http://cain.ulst.ac.uk/sutton/crosstabs.html], a RHD foi responsable de oito mortes até 2001. Seis das súas vítimas teñen sido civís, unha era membro da [[Asociación de Defensa do Ulster]] e outra era membro da [[Real Policía do Ulster]].
Segundo a base de datos de mortes de Sutton no proxecto CAIN da [[Universidade do Ulster]][http://cain.ulst.ac.uk/sutton/crosstabs.html], a RHD foi responsable de oito mortes até 2001. Seis das súas vítimas teñen sido civís, unha era membro da [[Asociación de Defensa do Ulster]] e outra era membro da [[Real Policía do Ulster]].

<referencias/>


[[Categoría:Terrorismo]]
[[Categoría:Terrorismo]]

Revisión como estaba o 14 de abril de 2009 ás 14:43

Red Hand Defenders (RHD)
Organización armada de Irlanda do Norte
Creación1998
Área de operaciónsIrlanda do Norte
IdeoloxíaUnionismo norirlandés
Vencellado aLoyalist Volunteer Force

Os Defensores da Man Vermella (en inglés: Red Hand Defenders, RHD) é un grupo paramilitar norirlandés creado en 1998 e composto principalmente de militantes protestantes partidarios da liña dura procedentes de grupos unionistas. Está integrado por membros da Asociación de Defensa do Ulster e da Forza de Voluntarios Lealistas, moitos dos cales son aínda membros destes grupos. En xaneiro de 2002, o grupo anunciou que os membros das escolas católicas de Belfast e os carteiros católicos eran obxetivos lexítimos. Malia os chamamentos de febreiro de 2002 da Asociación de Defensa do Ulster e da Forza de Voluntarios Lealistas para que anunciase a súa disolución, a RHD continúa a ameazar e a publicar reivindicacións de responsabilidade. A comezos de 2003, a RHD reivindicou a súa responsabilidade no asasinato de dous membros da Asociación de Defensa do Ulster como resultado do que é chamado descrito como unha guerra interna lealista. Tamén asumiu a autoría da colocación dunha bomba nas oficinas do Sinn Féin Poblachtach en Belfast Oeste que foi desactivada sen producir danos. Nos anos recentes, o grupo ten levado a cabo ataques contra obxetivos civís como vivendas, igrexas e negocios privados. En xaneiro de 2002, o grupo incendiou a vivenda dun funcionario de prisións en Belfast Norte.

Sóubose por vez primeira da RHD cando asumiu a autoría do atentado cunha granada caseira (coñecidas como "blast bombs" en Irlanda do Norte) levado a cabo o 7 de setembro de 1998 que matou a Frankie O'Reilly, un membro da Real Policía do Ulster. (Este ataque produciuse durante unha manifestación da Orde de Orange en Drumcree contra a decisión de non permitir á Orde para marchar a través dun área católica de Portadown, Condado de Armagh.) O grupo tamén recoñeceu ter asasinado a Brian Service, un civil católico, o 2 de novembro de 1998. Tamén reivindicou ter matado a Rosemary Nelson, unha activista dos dereitos humanos católica, en Lurgan o 15 de marzo de 1999. Ademais dos asasinatos, a RHD ten reivindicado ataques incendiarios a familias católicas en toda Irlanda do Norte. A RHD apareceu máis ou menos ao mesmo tempo que os Voluntarios de Orange e inicialmente pensábase que os militantes actuaban en ambos grupos.

O grupo ten emitido declaracións que semellan estar inspiradas na Biblia, Deuteronomio, capítulo 7, versículo 2: "And the Lord thy God shall have delivered them to thee: thou shalt utterly destroy them. Thou shalt make no league with them, nor show mercy to them ... neither shalt thou make marriages with them."

Segundo a base de datos de mortes de Sutton no proxecto CAIN da Universidade do Ulster[1], a RHD foi responsable de oito mortes até 2001. Seis das súas vítimas teñen sido civís, unha era membro da Asociación de Defensa do Ulster e outra era membro da Real Policía do Ulster.

<referencias/>