Conversa usuario:Calrosfking: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Citosina
Liña 141: Liña 141:
Cambio a palabra de xeoloxía (Río Alvedosa) por Neoxeno xa que non atopo información.
Cambio a palabra de xeoloxía (Río Alvedosa) por Neoxeno xa que non atopo información.
Ata mañá!!:) --[[Usuario:Tooru|tooru]] 19:34, 3 marzo 2009 (UTC)
Ata mañá!!:) --[[Usuario:Tooru|tooru]] 19:34, 3 marzo 2009 (UTC)

== Citosina ==

Seguramente saibas que quxo dicir o editor do artigo [[citosina]], cando escribe que foi "foi descuberta ... cando foi illada en tecido do '''estafo''' de carneiro". ¿Qué é iso do ''estafo'' de carneiro? Saúdos, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 19:47, 11 abril 2009 (UTC)

Revisión como estaba o 11 de abril de 2009 ás 19:47

--Maria otero bouzón 09:45, 30 decembro 2008 (UTC)Páxina de discusión de Calrosfking. Pulsa aquí se queres ver:

mensaxes vellas 1 (ata o 16/11/07) (as máis antigas)



Por favor, escribe a túa mensaxe a partir deste punto, e debaixo da derradeira entrada.


Profe, son Raquel Martin, ponlle se podes 2 palabras a Jenni na sua paxina porque non tiña. chamase jenni27. Espero que isto este ben escrito aqui, que non estorbe. Grazas

Páxina de arquivo de comentarios

Boas meu, que tal? Acabo de ver que creaches unha páxina para arquivar as discusións vellas, pero quería puntualizarche unha cousiña, se me deixas :). A páxina que creaches é User talk:Calrosfking Vellas1, pero debería ser User talk:Carlosfking/Vellas1. Isto é porque ao poñer o espazo entre o teu nome de usuario e o de "vellas1" estas a editar a páxina do usuario "User:Calrosfking Vellas1", no caso de que existise claro, mentres que se empregas a "/" a páxina pasa a ser unha subpáxina da túa páxina de usuario. Quizáis o mellor sería que moveses a páxina para poñerlle o "/" e marcar para borrar a do espazo. Espero terme explicado ben, que estou de resaka e "vaiseme a olla" un pouco :D. --BaNjO tell me 13:58, 16 novembro 2007 (UTC)

  • Eu non podo borrala, aínda non son administrador :D. Cando algún deles faga a "ronda" xa a borrará, co marcador de lixo que puxeches nela xa chega :). Un saúdo --BaNjO tell me 14:37, 16 novembro 2007 (UTC)

Grazas

Pero non se merecen as túas palabras, :)... --Xabier Cid 14:52, 29 novembro 2007 (UTC)

Ciencias de la información

Ola! non sería máis correcto movelo a Ciencias da información? :-P . Saúdos!.--Jonathan Chapela 12:38, 6 decembro 2007 (UTC)

Eu dicíao porque ciencias de la información é un pouco castelán, xa o cambio eu, saúdos!--Jonathan Chapela 12:44, 6 decembro 2007 (UTC)

Síntoo pero non sei cambialo, opss...--Jonathan Chapela 12:47, 6 decembro 2007 (UTC)

Persoalmente creo que sí se debería abrir aos usuarios rexistrados, pero vou deixar unha mensaxe no taboleiro dos admins para que opine o resto deles, xa que eles teñen máis experiencia e deberían dar a súa opinión tamén, cando chegemos a unha resolución avísote. Un saúdo --BaNjO tell me 19:34, 7 decembro 2007 (UTC)

  • Os usuarios rexistrados xa poden editar a páxina. Un saúdo :) BaNjO tell me 18:35, 23 decembro 2007 (UTC)

Modelo ácidos

Boas, fíxenlle unhas pequenas correccións ao modelo dos ácidos (unha pequena traducción e un cambio no nome da categoría), e vin que os estas a poñer como "{{Modelo:Acidos...". Non fai falla poñer o de "modelo" con poñer "{{Acidos..." xa chega, pero non pasa nada xa que o resultado é o mesmo, voulle dar unha pasada có bot para quitalos, que seguro que hai máis por ahi agochados :D. Segue co bó traballo, un saúdo :) --BaNjO tell me 20:47, 18 decembro 2007 (UTC)

Entradas polo nome común

Olá Carlosfking. Ben, se o acordo é facer as entradas polo nome común, pois adiante. O que non estou tan seguro é que eu saiba facer o cambio, porque aínda non me entero moi ben de como vai este conto, pero pola miña parte non hai problemas en cambiar. Grazas e perdoade se fago algunha pequena desfeita.

Evolución humana

Grazas polos parabéns, é un tema que me gusta e se en algo podo contribuír a espallar algo de coñecemento e ao tempo aprender, pois como dicimos na miña casa mel nas filloas.--=Vitoria 10:08, 24 decembro 2007 (UTC)

Saúdo

Moitas grazas pola benvida. Lin algún dos teus artigos e alédome de que haxa xente tan traballadora na galipedia, parabéns :D

Aniversario

Ola Calrosfking. O próximo mércores 13 de febreiro cúmprese un ano desde que comezaches na Galipedia, quero aproveitar a data para felicitarte e agradecerche o teu traballo e o dos teus alumnos neste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:07, 10 febreiro 2008 (UTC)

Agradezoche a túa mensaxe. Comparto ás túas preocupacións. Hoxe non podo pero quixera escribir unha resposta máis ampla, procurarei facelo nos próximos días. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:14, 16 febreiro 2008 (UTC)

Ola!! mira,tengo una duda!!como puedo hacer un enlace con la wikipedia???esque tambien esta la palabra en la wiki!!! y una cosita más!!!tambien kiero hacer un enlace de la palabra freón(q sale en los fluorocarbonados) a la wikipedia!(En la galipedia no está creada!!).

muchas gracias!!!!contesta cuando puedas!! :) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Tooru (conversacontribucións) 20:02, 23 febreiro 2008

Mensaxe pendente

Ola Calrosfking. Non esquezo que teño pendente unha mensaxe aquí pero aínda non tiven ocasión de poñerme a escribila do xeito que quería. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:24, 14 marzo 2008 (UTC)


Ola profe tiven un problema ao coller una imaxe da estratopausa da paxina portuguesas que estaba protexida, creo que o arranxei pero era por se a podias revisar porque non quero que ma borren.--Eliana 22:13, 14 xaneiro 2009 (UTC)

Saúdos

Ola Calrosfking. Alédome de verte outra vez por aquí colaborando na Galipedia cos teus alumnos. Aínda que ando escaso de tempo se necesitas algún tipo de axuda deixame unha mensaxe. Moitas grazas por seguires colaborando connosco, a túa colaboración foi e é moi importante para este proxecto. Confío en que o exemplo do teu traballo coa Wikipedia en galego na escola sirva de exemplo para outros grupos de alumnos e docentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:15, 2 decembro 2008 (UTC)

IES Mendiño

Non te preocupes polo traballo, que para iso nos pagan ;). Chamoume máis a atención a falta de resposta nas mensaxes que lles deixei, o que me fixo pensar máis nunha especie de broma (aquí non podiamos falar de vandalismos) que dunha intención de colaborar na Galipedia. Co que xa sabemos, tódalas miñas dúbidas quedaron resoltas e xa non queda ningún problema pendente. Eu, como non teño nada que ver coa docencia non me vexo facendo canteira, pero claro que é necesaria, así que se quedan 1 ou 2 por curso podemos estar satisfeitos. Só endagir unha cousa: que lles advirtas que será nas súas páxinas de usuario onde lles digamos qué sobra, qué falta, qué está ben ou qué está mal, así que deben estar atentos a cando reciban unha mensaxe, e que contesten, pregunten ou mesmo discutan o que queiran, que mans para axudarlles atoparán abondo. Un saúdo para todos eles e a miña noraboa para ti. Pedro --Lameiro (conversa) 15:47, 3 decembro 2008 (UTC)

Re: Agradecemento pola benvida

Ola Calrosfking. En primeiro lugar desculpa polo retraso, por desgraza, pola escaseza de tempo, está convertendose en algo habitual. Para responderche quixera recuperar algo que escribimos cando se acadaron os 20.000 artigos na páxina da conmemoración. No apartado titulado 'O vello e o novo' di:

"Nun principio semellaba que o obxectivo único era producir contidos libres en galego, conforme maduraba o wiki, albiscouse un horizonte máis amplo. Na educación a Wikipedia supón un valioso instrumento tanto en proxectos puntuais dirixidos polos propios mestres como en accións concretas coordenadas cos editores do wiki. Estamos ante un sistema simple para que se exerciten os estudantes no mundo virtual e no manexo das ferramentas informáticas, na busca de información e na comprobación das fontes.".

Na miña opinión esa idea segue viva (mesmo cómpre ampliala), o teu traballo todos estes anos (porque xa podemos falar de anos!) encaixa perfectamente no que aí se sinala, tanto no propósito coma no espírito da idea. Só podo falar por min, concordo completamente co que expós na miña páxina de conversa e quero agradecer unha vez máis a dedicación e o traballo que tes feito na Galipedia. Tamén teño que engadir que agradezo que haxa profesores coma ti que teñan entre os seus obxectivos "o de formar persoas autónomas e reponsables..." aínda que como sinalas no proceso sempre haxa "...problemas en moitos casos derivados das situacións persoais de cada un (cultura, medios, educación) e dos conflicos propios da idade na que estan". Para min iso ten moito mérito, naturalmente non diría o mesmo se pensase que os obxectivos ou as razóns que motivaban a colaboración foran alleas ao propósito e espírito deste proxecto, non é o caso. Penso que os colaboradores temos que ter un plus de paciencia e tentar axudar no que poidamos para que este tipo de novos usuarios teñan posibilidade de comprender o funcionamento do wiki e contribúan na medida das súas poisibilidades a melloralo.

So me queda por dicir que a comunidade do wiki está en continuo cambio, iso implica que ás veces terás que volver a explicar aos colaboradores que estean nese momento o sentido do teu —do voso— traballo. Algúns coñecemolo pero outros non, por ese motivo pode haber algún malentendido. Quizais debería engadir algún apunte de tipo técnico, iso queda para outra ocasión ou para cando se dea o caso. Novamente grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:36, 9 decembro 2008 (UTC)

Celobiosa

Hola!!creo que puxen mal a categoría!pódesma rebisar???grazas!!!.--tooru 18:17, 16 decembro 2008 (UTC)


Anómero

Grazas profe é que non me acordaba moi ben como se facía entón por intuición o fixen. grazas por molestarte en pormo ben --Usuario:Rebekita 22:59 , 16 decembro 2008

novas palabras para a wikipedia

Profe non sei entrar na páxina do instituto porque non sei o contrasinal. Poderíasme enviar a palabra ó msn ou escribirma na páxina de usuario?.moitas grazas e felices festas --Maria otero bouzón 09:45, 30 decembro 2008 (UTC)

profe xa empecei ca nova palabra anque non estou moi segura de que o fixese ben para min que volvin cometer o mesmo erro da primeira vez na publicación do artigo se o fixen mal corríxemo porque non sei como se fai. De todas formas deixei unha mensaxe dicindo que era nova nisto e que me axudasen a correxir os meus erros. Un bico --[Usuario:Rebekita]]



ola profe preciso da túa axuda por que xa subín máis cousas pero non sei se está ben pero o peor é que non sei com subir unha foto puxen como tiña anotado nun folio cando explicaches na clase pero non sabía que título porlle a fotografía enton a ver si mo podes facer por favor un biko. --[Usuario:Rebekita]]

palabras da wikipedia

Profe non fai falla que xa souben entrar.Grazas de tódolos xeitos e feliz ano.--Maria otero bouzón 09:48, 30 decembro 2008 (UTC)

Cadea alimentaria

Será por deformación profesional pero o meu concepto de "cadea alimentaria" é a sucesión de transformacións dos alimentos desde a granxa á mesa, e a ese concepto enlazan artigos como rastrexabilidade, seguridade alimentaria e alimentos tranxénicos. Certo é que hai moito máis que enlazan a cadea alimentaria co significado de cadea trófica, que gaña por goleada, pero o caso é que me deixas sen alternativa. ¿Que título dar agora ó que eu entendo como cadea alimentaria? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:57, 30 decembro 2008 (UTC)

Grupos taxonómicos como título

Boas, rei Carlos. Atrévome a encargarche un traballiño que sei que saberás resolver sen grandes problemas. Seguro que xa notaches que a categorización de termos biolóxicos (concretamente Botánica e Zooloxía) é irregular e vacilante, e que hai que meterlle man para crear un pouco de orde. A norma aprobada hai tempo é utilizar, como título, o nome común, en singular, para artigos que describan plantas e bichos, redireccionando o nome científico; só se titularían con este cando non exista nome común galego. Verás que esta norma non se cumpre en demasiadas ocasións.

A segunda parte desta norma, que é a que agora me interesa, leva a utilizar como título tamén o nome común singular nos artigos sobre grupos taxonómicos. Podo entende-lo do nome común, pero non o singular. Tanto o DRAG como o DRAE establecen que estas denominacións colectivas sexan en plural. O caso é que isto se cumpre moito menos, e así temos monocotiledóneas (pl) e dicotiledónea (sing), cnidaria e cnidarios, artiodáctilo e mamífero fronte a antropomorfos ou aristoloquiáceas, e así mil exemplos máis.

Eu teño, entre outras, a teima da coherencia interna e por iso moléstanme especialmente estes distintos tratamentos. Non me preocupa gran cousa que se escriban en singular ou en plural, sempre que se faga da mesma forma. Sei que as nosas normas están aí para cumprilas... ou para propoñe-los cambios que se vexan oportunos. E aí entras ti: pídoche que lle botes un vistazo e propoñas unhas liñas directrices á hora de titular e de categorizar. Logo someterémolas a consenso ou, se fose preciso, a votación. Xa me contarás que opinas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:16, 31 decembro 2008 (UTC)


Borrasca

Profe podes entrar no meu artigo e pórme iso de "en uso" para que non mo borren? É que comecei subindo a imaxe e, ó non poder rematar quedoume poco máis ca unha definición. Grazas. --Maria otero bouzón 16:57, 15 xaneiro 2009 (UTC)

borrasca

Profe se podes e te lembras poderíasme levar mañá a información da palabra borrasca?Gustaríame traballalo e como e pediche que cho avisara.Moitas grazas. --Maria otero bouzón 16:09, 9 febreiro 2009 (UTC)

Esponxas (mariñas)

Boas Calros, ¿podes botar un vistazo ós artigos esponxa (que redirixe a Porifera) e esponxas (que redirixe a Parazoa)? Polo que vexo, ambos termos son sinónimos, na práctica, e designan os mesmos bichos, pero tal como o temos dá lugar a confusión e, como mínimo, semella absurdo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 15:30, 10 febreiro 2009 (UTC)

Neoxeno

Cambio a palabra de xeoloxía (Río Alvedosa) por Neoxeno xa que non atopo información. Ata mañá!!:) --tooru 19:34, 3 marzo 2009 (UTC)

Citosina

Seguramente saibas que quxo dicir o editor do artigo citosina, cando escribe que foi "foi descuberta ... cando foi illada en tecido do estafo de carneiro". ¿Qué é iso do estafo de carneiro? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:47, 11 abril 2009 (UTC)