Arte prerrománica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Muro Bot (conversa | contribucións)
Escarbot (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
[[hr:Predromanika]]
[[hr:Predromanika]]
[[it:Arte altomedievale]]
[[it:Arte altomedievale]]
[[nl:Pre-romaanse architectuur]]
[[pl:Sztuka przedromańska]]
[[pl:Sztuka przedromańska]]
[[pt:Arte pré-românica]]
[[pt:Arte pré-românica]]

Revisión como estaba o 5 de abril de 2009 ás 20:18

Capela Palatina de Aquisgrán

A arte prerrománica abrangue un período de 400 anos da arte da Europa Occidental desde a época carolinxia ata o comezo do período románico no século XII.

Carlomango conseguiu unificar unha boa parte da Europa Occidental, cambiando o carácter da monarquía franca cara unha concepción teocrática na que se fundía o civil e o relixioso como poderes que procedían de Deus e unha viraxe cara a arte clásica através da arte paleocristiá e a arte bizantina. O programa cultrual carolinxio contou coa contribución fundamental da orde bieita que crearon grandes abadías que servían como focos culturais en torno á igrexa e a sá capitular e que se converteron tamén en núcleos de produción artística.

Os materiais construtivos utilizados foron máis ricos cá na arte merovinxia con preferencia polo arco de medio punto sobre piares rectangulares ou cuadrangulares e cuberta de madeira, aínda que tamén se empregou a bóveda de canón.