La Rochelle: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''A Rochelle''' é unha cidade francesa de 76.584 habitantes; capital do departamento de Charente Marítimo. É un porto da costa atlántica de Francia aproximadamente equid…"
 
Liña 69: Liña 69:
* [[Paul Ramadier]] (1888–1961).
* [[Paul Ramadier]] (1888–1961).
* [[Pierre Doriole]](1407–1485).
* [[Pierre Doriole]](1407–1485).
[[René Antoine Ferchault de Réaumur]] (1683–1757).
* [[René Antoine Ferchault de Réaumur]] (1683–1757).
[[René Dorin]] (1891–1969).
* [[René Dorin]] (1891–1969).
[[Sophie Blanchard]] (1778–1819)
* [[Sophie Blanchard]] (1778–1819)
[[William Adolphe Bouguereau]] (1825–1905).
* [[William Adolphe Bouguereau]] (1825–1905).
[[Winshluss]] (1970).
* [[Winshluss]] (1970).
[[Yohan Ploquin]] (1978).
* [[Yohan Ploquin]] (1978).


[[Categoría:Localidades de Charente Marítimo|Rochelle, La]]
[[Categoría:Localidades de Charente Marítimo|Rochelle, La]]

Revisión como estaba o 5 de abril de 2009 ás 00:59

A Rochelle é unha cidade francesa de 76.584 habitantes; capital do departamento de Charente Marítimo. É un porto da costa atlántica de Francia aproximadamente equidistante da punta da Bretaña e do País Vasco francés. Ten arredor de 75.000 habitantes, 100.000 coas súas proximidades. Alberga un aeroporto compartido coa Illa de Ré.

Interese turística

A zona vella da cidade ten hoteis do século XII, as torres (da Chaîne, San Nicolás, no vello porto, a do Gran Reloxo e a da Lanterne) son do século XIV e XV, o Concello é de estilo renacentista, e a cidade alberga moitos museos, entre eles o museo acuático «L'Aquarium» (O acuario). O segundo porto de lecer de Francia, "Lles Minimes", atópase ao sur da cidade.


Historia

É citada por primeira vez La Rochelle no século X. Era entón unha pequena aldea de pescadores chamada Rochella (un diminutivo de Roche, rocha), porque estaba construído sobre unha plataforma rochosa. Empeza a desenvolverse e obtén a fins do século XI o seu estatuto de cidade libre (pola carta «charte de commune»), desfacéndose así da tutela feudal.

Pola súa excelente localización xeográfica (nas proximidades da Illa de Ré), crece o comercio e a prosperidade do porto. Os seus socios comerciais predilectos son a Gran Bretaña e o Norte de Europa.

Durante a Guerra dos Cen Anos a cidade permaneceu baixo mans inglesas ata que en 1372 a armada de Castela (aliada de Francia) derrota nas súas augas á inglesa na chamada Batalla de La Rochelle, facilitando así a posterior conquista franco-castelá da praza.

O cosmopolitismo, o relativo afastamento de París e as influencias nórdicas fan que as ideas laicas e logo reformistas impóñanse con facilidade. La Rochelle vólvese a capital gala do protestantismo. Nela asínase en 1571 as Confesións de Fe das Igrexas Reformadas de Francia. Os grandes xefes protestantes, como A Rochefoucauld e Henrique de Navarra, futuro Enrique IV de Francia, instálanse alá, seguidos dos Hugonotes (protestantes expulsos de Francia) que obteñen privilexios económicos e desenvolven o comercio con África, Sudamérica e Terra Nova (na actual Canadá).

A cidade aprovéitase dos conflitos entre Inglaterra e Francia para distanciarse de París. O rei, celoso do poderío do porto, decide retomar o mando enviando un gobernador para dirixir La Rochelle no interese do reino (e captar algo da súa riqueza). Os nobres da cidade refugan, o que provoca o asedio do porto polas tropas reais en 1572. Coa axuda por mar dos ingleses, a cidade resiste e obtén unha paz negociada.

A principios do século XVIII, os protestantes son o 90% da poboación. A prosperidade está asegurada polo comercio tradicional do viño e o sal, a pesca do bacallau e o novo comercio das peles chegadas de Canadá.

Con todo, a monarquía gala convértese ao absolutismo co cardeal Richelieu e Luís XIII, e non tolera xa a autoxestión dunha cidade do reino, rica, protestante e de dubidosa fidelidade á coroa. En 1628 as tropas reais asedian a cidade por terra e mar para non repetir o erro de medio século antes. Os ingleses non logran compensar a inferioridade dos asediados e a cidade é vencida. Perde todos os seus privilexios menos a liberdade de culto (por pouco tempo) e morren un de cada cinco habitantes. O comercio derrúbase, o cambio de política relixiosa leva ás conversións forzosas ao catolicismo, relixión de Estado, e familias enteiras foxen á Nova Rochelle en América.

No transcurso do século XVIII culmina o comercio triangular entre África, América e Europa (escravos de Cabo Verde e Nova Guinea son levados ás plantacións de Santo Domingo, de onde se trae o azucre, o café e o colorante índigo). La Rochelle é naquela época o segundo porto negreiro da Francia logo de Nantes.

Esta prosperidade non resiste ás revoltas negreiras de Santo Domingo, que conducen á prohibición da trata de negros.

Ao final do século XIX constrúese un porto con capacidade para aportar grandes bous, e a economía recupérase.

Durante a Segunda Guerra Mundial, a mariña alemá creou unha das maiores bases de submarinos do Atlántico, a cal aínda pode ser vista.


Persoeiros oriundos de La Rochelle